MUNDO EMPRESA
Arrancan en Galicia 11 novos espazos coworking
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou o espazo coworking que se desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou onte o espazo coworking que se desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol onde puxo en valor esta iniciativa que a Xunta leva desenvolvendo desde hai seis anos da man da Escola de Organización Industrial (EOI).
Conde, que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, explicou que esta rede de apoio ao emprendemento celebra este ano a súa sexta convocatoria co dobre de espazos cos que botou a andar en 2016. De feito, o de Ferrolterra é un dos 11 novos coworking que este ano están activos por toda Galicia. Celébrase de xeito ininterrompido desde a primeira edición, o que permitiu ata o de agora a posta en marcha de 52 proxectos empresariais na comarca e a xeración de 87 empregos.
Esta rede de apoio ao emprendemento que a Xunta leva desenvolvendo desde hai seis anos da man da Escola de Organización Industrial (EOI) celebra este ano a súa sexta convocatoria co dobre de espazos cos que botou a andar en 2016
O vicepresidente económico, que departiu cos participantes nesta iniciativa, apuntou que máis da metade dos proxectos que pasaron polas diferentes edicións dos espazos coworking se consolidaron como empresas: en concreto, 384 que, á súa vez, permitiron a creación de 624 postos de traballo. Ademais, sinalou que máis da metade das persoas participantes, 489, foron mulleres.
Segundo adiantou, a Xunta traballa nunha Axenda de Emprendemento que recolla novos itinerarios e instrumentos de apoio a proxectos que leven o apelido innovador, dixital e sustentable. E, nese sentido, considerou moi positivo o impacto que está a ter esta iniciativa na comarca de Ferrolterra, tan necesitada de salvagardar o emprego industrial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11