Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Despregue de medios do Consorcio para a extinción do incendio da nave do Porriño

Carlos Font destacou a coordinación co resto de efectivos desprazados ao polígono da Granxa que xa permitiu a estabilización do lume

O Consorcio Provincial Anti Incendios e de Salvamento adscrito á Deputación de Pontevedra está a colaborar activamente dende esta mañá na extinción do incendio declarado na nave da empresa Distribucións Pako no polígono da Granxa (O Porriño).  O deputado provincial, Carlos Font, trasladouse ao lugar do suceso para seguir de primeira man os traballos e alí mantivo en todo momento contacto co responsable da empresa afectada, que almacenaba maquinaria industrial, así como co alcalde da localidade, Alejandro Lorenzo, ao que informou dos medios mobilizados.

 

“En canto recibimos o aviso, mobilizáronse todos os efectivos dispoñibles e ofrecemos a nosa colaboración. A coordinación co resto de efectivos funcionou perfectamente ”, manifestou o deputado, quen se solidarizou coa empresa afectada e sinalou que aproximadamente ás tres da tarde o incendio deuse por estabilizado, a falta de terminar nunhas horas as tarefas de refrixeración.

 

En concreto, ao lugar do sinistro desprazouse un operativo formado por tres vehículos do parque anti incendios do Porriño (bomba urbana pesada, unha nodriza e camión con brazo articulado), dous do Morrazo (bomba urbana pesada e camión nodriza), así como a nodriza de Ribadumia, cun total de once efectivos (sete bombeiros, os tres xefes dos parques citados e o xerente do Consorcio), para axudar nas tarefas de extinción. Precisamente, o brazo articulo enviado desde O Porriño e adquirido recentemente polo Consorcio, facilitou o desenvolvemento destas labores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.