Salvaterra de Miño
Obras de saneamento en Cabreira
O Concello de Salvaterra ven de iniciar as obras de saneamento nos barrios da Poza, Arras e Monte da Bouza, na parroquia de Cabreira por un importe superior aos 43.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.
As obras incluídas neste proxecto consisten na construción de varios tramos de colector de saneamento coa canalización de tuberías de PVC e todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos e reposicións.
En total executaranse 436 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. Os tramos a executar desembocarán en colectores existentes, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.
Nos puntos necesarios, tales como cambios de dirección, conexións con outros colectores e conexións con acometidas domiciliarias, instalaranse pozos de rexistro, que facilitarán tamén as labores de limpeza dos colectores

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217