Viernes, 15 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 21:27:42 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
Pontevedra

Horario de "castigo" para os Bombeiros de Pontevedra

A CNT presenta unha demanda para mellorar os horarios do SEIS Pontevedra

A modificación dos horarios do persoal do SEIS supón "a imposición encuberta dun sistema de dispoñibilidade" segundo explican dende a CNT

A Concelleira de Persoal, Carme Fouces,  enfróntase á demanda que a CNT interpuxo contra o Concello de Pontevedra pola modificación unilateral dos horarios do persoal do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

 

Tras a proposta do persoal do SEIS, de ampliar o persoal para equipararse no número de efectivos por habitante a cidades da súa contorna como Ourense ou Compostela, o Concello de Pontevedra "impuxo un cuadrante e un calendario que supón a retirada sistemática do descanso dos bombeiros, diminuíndo os grupos de traballo e aumentando as rotacións".

 

Esta modificación supón "a imposición encuberta dun sistema de dispoñibilidade, impoñendo aos traballadores a realización de horas extraordinarias estruturais". Tras a modificación, rexeitada por todo o persoal, pasan a cumprir 120 xornadas de dispoñibilidade para cubrir ausencias, sendo os traballadores en día libre os que están obrigados a cubrir as baixas dos seus compañeiros.

 

A situación, que ven prolongándose dende o novembro pasado, está impedindo a conciliación dos membros do SEIS e empeorando claramente o servizo. Desde a sección sindical da CNT apuntan que “o grande problema do SEIS é a falta de persoal, que sitúa á cidade de Pontevedra á cola de Europa en canto á cociente de bombeiros por habitante, apenas 1 efectivo por cada 2.217 habitantes, cando incluso en cidades do entorno e similares é moi inferior, como Compostela (1/1604) ou Ourense (1/1467)”.

 

Tras presentar a demanda a CNT lembra ao Concello que non é tarde para o entendemento, e que a proposta do persoal de reorganizar o tempo de traballo e o incremento progresivo até acadar os 57 efectivos no ano 2026, fronte aos 38 da actualidade, é unha vía que mellora a conciliación, pero tamén un servizo indispensable para a cidadanía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.