GALICIA
O encontro corazón da artesanía regresa a agolada do 8 ao 10 de xullo
O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentaron esta semana a novena edición do encontro, na que participarán máis de 35 artesáns de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta semana en Agolada na presentación do Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos. O encontro, que chega á súa novena edición, busca configurarse como un gran escaparate de promoción e de posta en valor dos oficios tradicionais galegos.
“Despois de dous anos de parada pola pandemia, regresamos con máis actividades programadas tanto para o público especializado como para os visitantes que se queiran achegar e agardando a visita de prescritores de tendas e empresas de fóra de Galicia, así como de prensa especializada”, sinalou Heredia no acto de presentación.
Durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, showcookings e venda de produtos gastronómicos, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.
Entre as novidades desta edición destacan as actividades formativas que van impartir dous recoñecidos artesáns de fóra de Galicia: o mestre do coiro José Luis Bazán, Premio Nacional de Artesanía 2021, e Simone Simón, especializada na cestería con esparto. Tamén con inscrición previa serán os cursos de bordado en lá, a cargo de Logaro (Ourense); de xoiería, impartido por Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), recentemente galardoado co Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2021; e bordado ao aire, que impartirá Zeltia ao aire (A Coruña).
Entre o programa de actividades destacan obradoiros abertos para todos os públicos así como cursos especializados, como o de técnicas de coiro que impartirá José Luis Bazán, Premio Nacional de Artesanía 2021
Entre os obradoiros abertos a todos os públicos destacan o de cestería impartido por Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), Premio Artesanía de Galicia 2021; o de elaboración de Sanandresiños a cargo de Jorge Bellón (Cedeira); o de tecido en alto lizo de Marina Seoane (Oleiros); o de remate de xoguetes de madeira, a cargo de Artesanía Silvent (Caldas de Reis); o de serigrafía artesanal con María José Martínez e José Antonio Carrera; e o de iniciación ao torno cerámico.
Na edición deste ano está prevista a participación como expositores de máis de 35 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, entre os que se atopan obradoiros que participan por primeira vez neste evento e que representan diferentes oficios como a olería, a madeira, a pedra, o téxtil, o coiro, os coitelos, a elaboración de zocos e de zapatos, os xoguetes, a cestería, os labores de palla, elaboración de papel artesanal, as redeiras, a xoiería e a ourivería, as colareiras, a elaboración de instrumentos musicais ou a cerámica.
O Corazón da Artesanía convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas artísticas. Como xa é habitual, o programa incorpora a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que ten por obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño. No programa desta novena edición, está confirmada a participación dos chefs Lucía Freitas (A Tafona e Lume, Santiago de Compostela) – unha estrela Michelín e un Sol Repsol - ; Héctor López, do restaurante España (Lugo) – dous Soles Repsol – e Javier Rodríguez Ponte “Taky”, do Catering Boketé (A Coruña).
Ademais, máis de 30 empresas de produtos de alimentación participarán na edición deste ano, ademais de food trucks que estarán á disposición dos visitantes nas proximidades dos Pendellos.
O programa do Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia complétase con espectáculos e concertos musicais que terán lugar na Praza do Concello durante os tres días do evento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152