NIGRAN
O Concello de Nigrán estrea o seu primeiro horto urbán comunitario
Ubicado na Praza Carlos Casares, ao carón da Piscina Mancomunada, este sábado arrancaron a experiencia baixo a dirección técnica de 'Somos Terra' plantando aromáticas, patacas, fresas, leituga, allo porro e unha azalea
O Concello de Nigrán estreou esta semana no núcleo urbano da Ramallosa (ao carón da piscina) o seu primeiro horto urbano comunitario da man da cooperativa local 'SomosTerra', encargada tamén de dirixir este curso os cultivos nos centros escolares de Nigrán (promovidos tamén desde o Consistorio). En total, 40 familias anotadas participaron o sábado a mediodía na primeira xornada de plantación.
Nesta sesión inaugural explicouse o sistema de organización e funcionamento da horta para, a continuación, plantar unha azalea no centro que dá sombra a aromáticas (perexil, albáfega, tomiño, ourego, ruda...), ademais de sementar leitugas e allo porros, acelga vermella, taxetes, patacas e fresas. Todos eles cultivos asociados que se benefician mutuamente. A seguinte sesión estará adicada aos froitos propios do verán: xudía, cabaciño, tomates e pementos.
"Con este proxecto queremos promover o autocultivo nunha contorna que actualmente é moito máis urbana que o interior do municipio, fomentar hábitos saudables e potenciar a sensibilidade ambiental", explica o alcalde, Juan González.
Trátase dun espazo de traballo común dirixido mediante un calendario de tarefas e, no momento da colleita, realizarase un reparto equitativo entre todos os participantes
A principal característica desta horta deseñada en 13 bancais que conforman un hexágono é que é comunitara, todos os usuarios realizarán os traballos conxuntamente polo ben común e non en parcelas de uso individual, distribuíndose a posteriori a colleita de xeito equitativo entre todos. Para elo, Diana, Eva e Raquel, de SomosTerra, establecen un calendario de tarefas para que os inscritos as sigan.
"Será un espazo de convivencia e de encontro entre veciños, por iso promoveremos tamén o intercambio de sementes e a creación dun banco que recompile as variedades locais", explican.
"Esta zona verde da Praza Carlos Casares, que non se empregaba para nada e pasaba totalmente desapercibida, se transformará nun punto de encontro onde florecerán os mellores valores e dos que como goberno nos sentimos máis orgullosos de promover", conclúe o alcalde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141