Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 09:13:53 horas

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Festival solidario en Mos para o refuxo canino Os Biosbardos

Celebrarase o vindeiro sábado 30 de abril pola tarde no Pavillón Soledad Castro

[Img #75590]O refuxo canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia.

 

O evento titulado Troula Biosbarda celebrarase de 17 horas a 20 horas e consistirá nunha tarde divertida e entretida “para nenos e nenas, peludos e adultos”, tal e como explican desde a organización.

 

Os cativos divertiranse con hinchables, pintacaras, globloflexia, contacontos, e haberá clase de aerobic e un desfile para todos os públicos.

 

No desfile peludo poderá participar co seu mellor amigo quen o desexe e contarase tamén coa presenza dos ‘biosbados’ adoptados.

 

Haberá Soldados Espaciais con con Photocall, que chegarán doutra Galaxia, a pasar a tarde con todos os asistentes.

 

A Trastenda de Parche terá á venda o seu material que vai desde merchandaising, ata libros, chuches, bisutería, xoguetes e bebidas.

 

O festival culminarase ao remate cun sorteo de 50 agasallos entre todos os presentes.

 

O prezo de entrada é de 3€ por persoa e Fila 0 para sorteo.  Os interesados en obter máis información poden envíar un correo a atrastendadeparcheosbiosbardos@gmail.com

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.