GALICIA
A Xunta investirá 8m€ para a creación de 220 polos creativos en centros educativos galegos
O presidente da Xunta asistiu esta mañá á Xornada de exhibición dos Polos creativos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe un investimento de 8 millóns de euros para a creación de 220 Polos creativos en centros educativos galegos e impulsar as competencias dixitais como a robótica, a intelixencia artificial, a realidade virtual ou a impresión 3D.
Durante a Xornada de exhibición dos Polos creativos, Feijóo precisou que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, que exercerán como epicentros da innovación educativa co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro.
“Estamos a falar de espazos abertos ás comunidades locais, no que haberá actividades que impliquen ao alumnado, profesorado, familias e ao conxunto da cidadanía da contorna”, abundou, avanzando que mañá mesmo sairá publicada a orde para que os centros poidan solicitar o seu propio polo.
Nesta liña, resaltou que á hora de seleccionar os centros, a Administración autonómica terá en conta a innovación didáctica e a calidade e viabilidade do proxecto, é dicir, que inclúa a presenza de profesorado de diferentes disciplinas e que fomente a participación da comunidade educativa, con actividades abertas á cidadanía. “E unha vez seleccionados, dotaráselles do mobiliario e do material preciso, tanto audiovisual como de electrónica e robótica, tecnolóxico ou de informática”, explicou.
Feijóo precisa que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro
Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou que os proxectos presentados nesta xornada son a proba do traballo realizado polos centros educativos nos últimos anos; así como do enorme talento, creatividade e capacidade de innovación do alumnado e do profesorado.
Non en van, estes novos polos enmárcanse noutras iniciativas en marcha como o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que, cun investimento de máis de 190 millóns de euros, ten como obxectivo adaptar os centros escolares ás novas realidades educativas e tecnolóxicas. E a Estratexia de Educación Dixital 2030 que, cun orzamento de 120 millóns de euros para os tres primeiros anos, conta con accións para desenvolver un ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionamento das competencias.
Logo de lembrar tamén que, na actualidade, un total de 55.000 alumnos de 547 centros educativos galegos xa usan na clase o libro dixital, grazas ao programa E-Dixital, o presidente da Xunta concluíu felicitando á comunidade educativa galega polos fitos acadados nos últimos anos. Así subliñou que Galicia logrou reducir o abandono escolar na última década ata acadar un mínimo histórico -pasando do 25,8% no 2009 ao 8,1% en 2021-. Ademais, é a comunidade máis inclusiva do Estado, con máis dun 93% do alumnado con necesidades especiais escolarizado en centros ordinarios; “e, segundo o informe PISA, somos líderes en aspectos como matemáticas, ciencias ou lectura”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186