Lunes, 30 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 22:30:58 horas

Xornal21.es
Sábado, 30 de Abril de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Verónica Romero participou na maratón máis dura do mundo

Foi a pasada fin de semana en Castro Caldelas e a mosense era a única muller entre os 12 corredores

[Img #75627]A polifacética deportista mosense, Verónica Romero, participou o sábado pasado, 23 de abril, en Castro Caldelas (Ourense) na “The Caldelas Marathons”.


Trátase dunha réplica dunha carreira que se fai en EEUU, deseñada por Lázarus Lake. Non é unha carreira ao uso, trátase de poñer a proba os límites físicos e mentais do ser humano.


Romero asegura que “ten moitas diferenzas con calquera carreira das que fixen antes: a primeira é a inscrición, que ademais de ter que averiguar o mail onde enviala pedíronnos unha matrícula de vehículo (o que levase as máis antigüa evitaría buscar un dos libros agochados), eu levei unha co nome do meu Concello: Mos”.


Trátase de buscar 22 libros polos lugares máis abruptos e recónditos nunca pisados polo ser humano en Castro Caldelas. Os organizadores deseñan un percorrido monte a través equivalente á distancia dunha maratón con moito desnivel positivo/negativo e hai que conseguir completar o anel en 13:20 horas, se o consegues a por o seguinte anel.


Gaña a persoa que consiga facer 5 aneis en 60 horas. Ás 22:00 do venres 22 de abril déronse cita 11 mozos e Vero Romero (única muller participante), na que foi unha noite chuviosa e fría.


A carreira daría comezo cando soase unha gaita (en EEUU unha corneta). “Outra das excentricidades da proba é que non hai hora de saída, así que pasas a noite en vela, non vaia a ser que quedes durmida e non te decates. Ás 6:59 do sábado, día de San Jorge (casualidade peculiar para buscar libros polo monte) soa a gaita, dannos o mapa e empeza a aventura. Se que estou a rivalizar con homes curtidos en mil batallas fortes como touros! pero a medida que van pasando as horas (sen eu sabelo) van caendo algúns corredores, quedamos 5 mozos e eu ata que o reloxo indícanos que é imposible completar o anel en tempo e non queda outra que retirarnos”, explica Verónica.


Sen embargo asegura que “estou moi orgullosa de todos os meus negróns, rasguños e dores, participei na maratón máis dura do mundo, pero agora teño unha conta pendente porque non me gusta deixar nada sen terminar e se a saúde me acompaña voltarei”.  A mosense rematou felicitando “a Luís Rodríguez e Manuel Rolán polas súas mentes malévolas que deseñaron un percorrido inexpugnable. Tan inexpugnable que esta vez gañoulle a carreira ao corredor”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.