Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Martes, 03 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Persoas con autismo de asociacións de Portugal, Noruega e España disfrutan das bicicletas adaptadas

Participan no proxecto europeo 'InAutism, Fostering Adult Integration' dentro da categoría 'Erasmus +' que comparten á entidade Autismo Vigo, APPDA Leiria e Fundación Peacepaiting de Terrak

Unha ducia de persoas con autismo pertenences a asociacións de Vigo, Leiría (Portugal) e Terrak (Noruega) gozaron  dun paseo por Praia América cos ciclos adaptados do Concello de Nigrán. O consistorio dispón, como parte fundamental da súa política 'Un Nigrán para todos', dunha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outra igual pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo monorroda tipo Joëlette, dous triciclos tándem tipo co-pilot e unha bicicleta adaptada, as cinco con base no pavillón municipal de Panxón e empregadas con asiduidade por usuarios do CEE Juan María ou por quen o solicite, como foi este caso.

 

"Autismo-Vigo pedíunos poder empregalas como parte das actividades que están a ter na xuntanza desta semana e desde o Concello encantados, porque para iso están precisamente", explica o alcalde, Juan González, quen destaca que para moitos será a primeira experiencia en bicicleta, "un motivo máis para sentirnos orgullosos de ser os 'facilitadores' desta actividade que, en xeral, lles encanta".

 

Todos participan no proxecto europeo 'InAutism, Fostering Adult Integration' encadrado no programa 'Erasmus +' e que, neste caso, comparten á entidade Autismo Vigo, APPDA Leiria e Fundación Peacepaiting de Terrak.  O proxecto comezou en marzo del 21 e rematará en febrero de 2023, compartindo nos tres lugares de orixe experiencias e reunións tamén de técnicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.