O PORRIÑO
Desarticulado un punto de venda de drogas nunha vivenda do centro urbano do Porriño
Nun operativo conxunto da Policía Local do Porriño e Garda Civil incautáronse 859 gramos de hachis, case medio kilo de cocaína, diñeiro en efectivo e 42 billetes falsos de 20 euros
Un operativo conxunto da Policía Local do Porriño e a Garda Civil culminou onte coa desarticulación dun importante punto de venda e distribución de estupefacientes nunha vivenda do centro urbano do Porriño.
As investigacións iniciáronse o pasado mes de febreiro cando se interceptou a un veciño do municipio con 30 gramos de cocaína e 400 euros en efectivo, dando inicio á denominada “Operación Cela Sebe”.
A vivenda desta persoa era frecuentada consumidores habituais de estupefacientes, moitos deles mozos. No transcurso do operativo, no que tamén participou a patrulla da Compañía de Vigo, leváronse a cabo máis dunha decena de controis, e constatáronse outras tantas transaccións de cocaína e hachis na controna desta vivenda.
O presunto responsable foi detido por un suposto delito de tráfico de drogas e posto a disposición do Xulgado de Instrucción 2 do Porriño que decretou o seu ingreso en prisión
No rexistro levado a cabo onte, participaron axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como o Servizo Cinolóxico da Garda Civil, incautando 304 gramos de cocaína en pedra, 189 gramos de polen de hachís, 67 bellotas de hachís de 10g cada unha, 250 gramos dunha sustancia de corte, 278 gramos de cocaína en polvo, 1.270 euros en efectivo e 42 billetes falsos de 20 euros.
O habitante da vivenda foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción 2 do Porriño. A parella do mesmo, que convivía con el, é investigada polo mesmo delito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218