MOS
O vindeiro domingo celebrarase Tradición en Camiño con 170 músicos
Cóntase con 6 bandas de gaitas que tocarán en 4 ubicacións diferentes do municipio ao longo de toda a mañá
Desde o Círculo Cultural Abrente e a concellería de Cultura e Turismo, que dirixe a edil Sara Cebreiro, anímase á toda a veciñanza, tanto de Mos como doutros municipios, a gozar da iniciativa organizada polo Abrente en colaboración co Concello de Mos e a Asociación de Gaiteiras Galegas, que leva por título: Tradición en Camiño.
Celebrarase o vindeiro domingo 8 de maio e, durante toda a mañá, 6 bandas de gaitas que suman un total de 170 músicos (entre gaitas e percusión) tocarán en 4 ubicacións diferentes de Mos, todas elas ao pé do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade mosense.
As localizacións e horarios previstos son os seguintes: ás 10.00 horas Capela das Angustias en Sanguiñeda, ás 11.15 horas Albergue de Peregrinos da Veigadaña, ás 12.30 horas Pazo de Mos, e ás 13.45 horas Capela de Santiaguiño en Guizán.
Os grupos musicais que amenizarán esta xornada de música tradicional ao pé do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos son: Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas Nosa Terra, Xiada Gaiteiros Refrescantes, Banda de Gaitas Airiños do Castelo, Grupo de Gaitas Son do Abrente e Gaiteiros da Ruada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171