GALICIA
A Xunta amplía ata os 2,4 m€ as axudas para mellorar a imaxe exterior de edificios e equipamentos
O Diario Oficial de Galicia publica as Resolucións polas que se incrementa o rozamento das liñas de crédito das subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares ou en edificios públicos
A Xunta de Galicia amplía nun total de 800.000, ata chegar a un total de 2,4 millóns de euros, o orzamento reservado este ano ás dúas ordes de axudas para actuacións que permitan corrixir e mellorar o aspecto exterior de vivendas, edificios e equipamentos públicos municipais deteriorados polo paso do tempo e por unha insuficiente conservación.
O Diario Oficial de Galicia publica senllas Resolucións polas que se amplía o crédito en 600.000 euros da liña dirixidas a particulares (convocada por un importe de 1 millón de euros) e en 200.000 euros, á de concellos para intervir sobre edificios, dependencias municipais e elementos etnográficos —fontes, hórreos, palcos de música e lavadoiros—, tamén convocada cun orzamento inicial de 600.000 euros).
En total dispóñense 800.000 euros máis -respecto da convocatoria inicial- para atender o maior número de solicitudes posibles presentadas á actual convocatoria, xa pechada
A Consellería de Medio Ambiente toma esta decisión tras a boa acollida que tivo entre os potenciais beneficiarios estas axudas —convocadas en xaneiro por segundo ano consecutivo—, polo que con este incremento se pretende atender o maior número de solicitudes posibles. Non obstante, esta ampliación de crédito non implica que se poidan presentar novas solicitudes, posto que o prazo rematou xa a finais de febreiro para ambas liñas de actuación.
Máis de medio milleiro de beneficiarios
Cómpre lembrar que o ano pasado a primeira convocatoria das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos saldouse con máis de medio milleiro beneficiarios —445 familias e 66 concellos— que recibiron subvencións por un importe total de 2 millóns de euros e permitiron intervir en 222 municipios galegos.
En vista do éxito da primeira convocatoria, a Xunta decidiu convocar de novo este ano ambas liñas de subvención no marco da súa aposta polo fermosismo e para garantir unha integración harmónica entre as construcións urbanas, tanto públicas como privadas, e a contorna paisaxística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108