Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O autobús de Coidados Porta a Porta chega a O Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitaron hoxe na localidade pontevedresa esta iniciativa pioneira da Xunta de Galicia

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañados polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitaron hoxe no municipio pontevedrés o autobús de Coidados Porta a Porta, que está a ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores da localidade de xeito gratuíto.


Segundo informaron, desde a posta en marcha desta iniciativa da Consellería de Política Social coincidindo co inicio do mes de abril, o programa Coidados Porta a Porta  atendeu 375 persoas só nos na área de influenza de Vigo. No sur da provincia xa percorreu os concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.


No que atinxe á área territorial de Vigo, tras o seu paso por O Porriño, onde permanecerá ata o vindeiro luns, achegarase ata a localidade de Mos do 10 ao 12 de maio, para trasladarse o día 30 a Fornelos de Montes e o 31 a Pazos de Borbén. Asemade, o autobús pasará esta semana polos concellos coruñeses de Betanzos e Oza-Cesuras; os ourensáns de Barbadás, Cartelle, Ramirás e A Merca; e os lucenses de Foz e Trabada.


A Xunta de Galicia investirá 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permitirá achegar a todos os galegos revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.