Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 16:57:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Love Rías Baixas” chega esta fin de semana a Bilbao para conquistar ao público vasco

A presidenta da Deputación liderará a delegación que contará cun stand na Feira “Expovacaciones” para dar a coñecer o termalismo, enoturismo, e a natureza da provincia

A campaña “Love Rías Baixas” chegará este fin de semana a Bilbao para conquistar ao público vasco. A Deputación de Pontevedra instalará un stand na feira “Expovacaciones. Tendencias & Experiencias” que terá lugar no Exhibition Center da cidade vasca esta fin de semana e ata onde se desprazará unha delegación, liderada pola presidenta Carmela Silva, para dar a coñecer o termalismo, enoturismo, natureza, paisaxe, turismo de ocio e familiar do destino. “O público vasco –asegurou a presidenta– é moi interesante para nós e esta feira é de grande interese sectorial xa que está moi enfocada no turismo activo e familiar, elementos centrais do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia”.

 

A participación en “Expovacaciones”, a primeira feira á que acode tras Fitur e pola que pasarán máis de 30.000 persoas, é unha oportunidade para presentar o destino Rías Baixas ao público final de Euskadi, prioritario para a provincia xa que se trata dun dos principais emisores de turistas cara á provincia e cun elevado interese polo destino. Así, no stand “Love Rías Baixas” promoverase a provincia para grupos e familias e en ámbitos que a diferencian doutros destinos como son o termalismo, o enoturismo, a natureza, a paisaxe, o turismo de ocio e familiar.

 

Ademais, durante o encontro, tal e como explicou a presidenta, a Deputación manterá reunións con outras comunidades autónomas e destinos “que están a promover experiencias similares ás nosas, para establecer esas relacións que nos permitirán presentar proxectos conxuntos aos fondos Next Generation. Imos afondar  nos elementos común que logo poderemos converter en proxectos para ser cofinanciados e converterse nos grandes paquetes experienciais que se van poñer en marcha ao longo de todo o territorio”.  

 

 

 

 

Carmela Silva: “O público vasco é moi interesante para nós e esta feira é de grande interese sectorial xa que está moi enfocada no turismo activo e familiar, elementos centrais do noso Plan Estratéxico”

 

 

 

 

Xunto aos encontros con diferentes destinos, Carmela Silva explicou que tamén se teñen pechadas reunións con turoperadores para “poñer en valor a provincia e establecer vínculos para que sexa promocionada noutros lugares do Estado”.  Ademais, a presidenta enxalzou que a presenza da provincia no evento contará coa participación activa da Escola Grove Surf Club que, a través do seu director deportivo, Joshua Filgueiras, participará no ciclo de conferencias organizadas ao abeiro da feira.

 

Con este tiro de saída no calendario feiral, a Deputación de Pontevedra continúa a dar pasos no marco do seu Plan Estratéxico de Turismo, recuperando a presenza no circuíto de feiras e certames turísticos para a promoción do destino.  Prevese que a partir deste evento a institución provincial continúe a ter presenza en encontros nacionais, celebrados nos mercados prioritarios do destino Rías Baixas, xa que “hoxe é fundamental que esteamos nas feiras, que sumemos sinerxías e establezamos relacións para ofertar e promover a nosa provincia”.

 

A feira “Expovacaciones. Tendencias & Experiencias” trátase dun encontro sectorial  de alta profesionalización que celebra neste 2022 a súa 42 edición. Ademais da oferta turística tradicional, cultural ou de descanso, de interior ou de costa, nacional ou internacional, tamén teñen presenza na feira o deporte activo, o turismo gastronómico ou o accesible. Está previsto que participen preto de 200 expositores e a grande parte dos destino de todo o Estado como as deputacións vascas, a de Xaén, Córdoba, Barcelona, Palencia, Salamanca, Girona, Huelva, Tarragona, Málaga, Granada, a illa de Menorca, comunidades como Galicia, Extremadura, Navarra, Valencia, Andalucía, Cantabria, Aragón, Canarias, Murcia e Euskadi así como países como Portugal, Marrocos e Cuba.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.