PONTEAREAS
O programa ‘Coidados Porta a Porta’ estará en Ponteareas o 13, 16, 18 e 19 de maio
Unha unidade móbil instalada diante do Concello prestará de balde servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos
Ponteareas recibirá a vindeira semana a visita do programa ‘Coidados Porta a Porta’, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia e financiada pola Unión Europea coa que se prestará de balde servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos residentes na vila.
A unidade móbil estará situada diante da Casa do Concello os vindeiros días 13, 16, 18 e 19 de maio e disporá de acceso para persoas con mobilidade reducida. As persoas interesadas en ser atendidas e acudir a algunha consulta deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 622 748 283 ou enviando un correo electrónico ao enderezo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Durante estes catro días as ponteareás e ponteareáns poderá facer unha consulta básica de podoloxía, cunha valoración do estado xeral do pe, un corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, callos e helomas. No servizo de audioloxía farase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva e no de estimulación de memoria unha persoa profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará pautas dende unha perspectiva terapéutica de como previr e reducir o deterioro en caso de habelo.
A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrea, convida a todas as persoas maiores de 55 anos da vila que o desexen a solicitar xa a súa cita previa para acudir a estas consultas que “permitirán ás nosas e nosos maiores ter ao seu alcance de forma cómoda e gratuíta ferramentas para unha revisión da súa saúde, tocando aspectos que poden mellorar a súa calidade de vida ou incluso previr problemas de saúde máis graves”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20