Martes, 17 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP denuncia que o Concello usa un mesmo anteproxecto para dúas finalidades diferentes

Santiago Rodríguez explica que o goberno "utilizou o anteproxecto feito para a segunda galiña azul para solicitar unha subvención para un centro de día".

O PP critica que "o goberno PSOE-MS reutiliza o anteproxecto da escola infantil e deciden aportar os mesmos terreos para solicitar unha subvención para un CENTRO DE DIA".



O Partido Popular salcedense, fai público que o goberno do municipio "ben de renunciar indirectamente a ter na localidade unha segunda galiña azul, xa que van a dispor dos terrenos que inicialmente tiñan designados para este fin, para plantexar un Centro de Día, porque non existe outra posibilidade na actualidade e a curto medio plazo (cinco – oito anos como mínimo tardaríase en desarrollar a segunda fase do PERI o carón do centro de saúde) de aportar outros terreos que non sexan os xa mencionados. Os populares manifestaron a súa perplexidade e decepción, o ver e comprobar como o goberno pretende engañar e manipular os veciñ@s nun asunto tan serio e importante para a sociedade salcedense como o do Centro de Día e unha nova escola infantil Galiña Azul.

 

Santiago Rodríguez Davila,“ sinala que o goberno da improvisación, da descoordinación e da chapuza reutiliza as imaxes do anteproxecto da escola infantil enviadas a prensa en outubro de 2020 para o hipotético novo proxecto de Centro de Día”.

 

Davila indica ademáis que “o mesmo edificio, visto dende outro ángulo, con pequenos retoques e cambiándolle o nome, de Escola Infantil de Salceda a póñenlle Centro de Dia de Salceda, e enviado de novo a prensa o 29 de abril deste ano co propósito de enganar o vecindario facéndolles creer que teñen os terreos e o anteproxecto feito”.

 

O voceiro local e presidente do Partido na localidade sinala que "o que fai este goberno podría ser ata chistoso se non estivesen a enganar a poboación con ocurrencias que non estaban planificadas nin pensadas por este goberno, se non que xurden de oportunidades que pon a disposición d@s salcedenses a Xunta de Galicia, a única administración que cumple con Salceda, para exemplo o Centro de Saúde (e iso que tiveron que esperar case dez anos polos terrenos) ou a próxima ampliación do IES e a implantación do Bacharelato”.

 

Engade que "nós seguimos defendendo a necesidade dun centro de día, fomos os que propuxemos eses terreos para tal fin no programa electoral que maioritariamente apoiaron os salcedenses nas urnas en maio de 2019. O que non se pode é desvestir un santo para vestir outro. Ou galiña azul! ou centro de día!, as duas construccións non collen no mesmo terreno, e outro, levaría un tempo non menor a cinco – oito anos en conseguirse. Que digan a verdade, nin teñen proxecto! nin teñen terreno!, salvo que cambien de postura e queiran utilizar o terreno que destinaron a galiña azul”.

 

“Parece que a outra forma de gobernar da que presumía a señora alcaldesa o chegar a alcaldía, é tratar de enganar o vecindario con fotos de anteproxectos trucados e reutilizados, sen ideas claras do que se quere facer e sen un proxecto da Salceda do mañá”. explica Davbila engadindo que “non merecemos un goberno que nós minta, que non sexa serio en asuntos tan importantes, pretendendo colarnos un gol nun despiste, cousa que non conseguiron porque o noso Grupo traballa con rigor, moderación, sensatez e coherencia. Cando non se conta a verdade e se manipula a realidade, deberíase pedir perdón para despois dimitir”.

 


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.