Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Martes, 10 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
VIGO

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a participar na manifestación en Vigo

Convocada por todas as Plataformas da área sanitaria, sairá ás 20 horas do PAC de Vigo na rúa Pizarro e haberá autobús gratuíto desde a Guarda

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a veciñanza a participar na Manifestación en defensa da Sanidade Pública convocada por todas as Plataformas en Defensa da Sanidade da Área Sanitaria de Vigo o próximo xoves día 12 de maio ás 20 horas en Vigo. Sairán autobuses gratuítos desde a comarca e calquera persoa que queira participar pode anotarse chamando ao 986 610465.

 

Desde a plataforma guardesa manifestamos que o nível de deterioro da Sanidade Pública require respostas conxuntas da cidadanía para premer a Xunta de Galiza diante do deterioro progresivo ao que levan sometendo este servizo público esencial.

 

A Plataforma está convencida que só coa mobilización da cidadanía  imos ser capaces de frear o deterioro da sanidade e afianzar certos  logros que  despois de moita presión e moitas mobilización imos conseguindo. Nomeadamente, a dotación do PAC da Guarda cun segundo médico de urxencias, un segundo médico que non se está a garantir de forma constante senón intermitente. É o noso deber lograr que este paso se convirta nun segundo equipo completo, con persoal médico e de enfermaría, de forma permanente.

 

Continuamos esixindo, asimesmo, a cobertura completa das ausencias e permisos do persoal do noso Centro de Saúde e a dotación dunha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.