VIGO
COGAMI forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de Vigo
Este curso forma é unha das accións dentro do programa Máis Emprego que financian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo na provincia de Pontevedra, co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade que se atopan nunha situación vulnerable
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade iniciou nas instalacións que ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) un curso de Almacén e carretilla no que se están a formar 15 persoas con certificado de discapacidade ou con certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual.
Cofinanciado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego, dirixido a persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral empadroadas na provincia de Pontevedra e con idades comprendidas entre os 18 e os 62 anos.
Co fin de favorecer o acceso ao mercado laboral por vez primeira ou de realizar unha reciclaxe, esta formación conta cunha duración de 120 horas, das que 50 horas serán impartidas en clases teóricas e 70 horas serán realizadas como prácticas en empresas.
O alumnado, 4 mulleres e 11 homes, proceden dos concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Salvaterra e A Guarda, e comprenden idades de entre 35 e os 57 anos. Realizarán unha formación básica de almacén e ofimática relacionada coa xestión do almacén e poderán obter o carné de carretilla segundo a normativa UNE 2016.
Para rematar, a formación práctica vai ser realizada en empresas da súa zona de residencia habitual, de cara a facilitar o contacto directo co tecido empresarial da zona parara facilitar unha pronta inserción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91