Lunes, 11 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 22:12:17 horas

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación presentará a súa oferta para atraer rodaxes ade Estados Unidos

A Pontevedra Film Commission presenta en Sevilla a provincia como o mellor plató de cinema ante as principais produtoras de Estados Unidos

A Deputación segue a dar pasos axigantados na Pontevedra Provincia Film Commission para converter á provincia nun escenario de rodaxes. Así, este mércores participará en Sevilla na xornada “Focus on USA” que organiza a Spain Film Commission, dentro do seu programa “Rueda en España”, para atraer rodaxes de produtoras e estudos norteamericanos. No evento networking a institución dará a coñecer o destino Pontevedra Provincia ante unha trintena de persoas executivas con capacidade de decisión das principais produtoras independentes e estudos cinematográficos de Estados Unidos da talla de Amazon, HBO, Netflix, NBC Universal, Paramount, Warner Bros, Sony Pictures, MGM Studios ou Elefantec Global.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Trátase dunha xornada importantísima coas principais empresas do audiovisual do mundo onde teremos unha presenza moi relevante para dar a coñecer todo o potencial da provincia”

 

 

 

 

“Trátase dunha xornada importantísima na que se van dar cita as principais empresas do audiovisual e cinema do mundo e onde teremos unha presenza moi relevante para dar a coñecer todo o noso potencial como destino turístico e os múltiples recursos e oportunidades das que dispoñemos para rodar” asegurou a presidenta Carmela Silva. “Queremos que coñezan que Rías Baixas é un destino axeitado para a rodaxe dos seus filmes, presentando as vantaxes competitivas, o poderío audiovisual que temos na provincia e a potencialidade do sector, que servirá de acicate para que poidan realizar aquí as súas rodaxes, nun espazo con moito talento e cunha rede profesional que nos sitúa como un espazo moi atractivo”.

 

A xornada networking en Sevilla, na que se dará cita a Deputación, trátase dunha misión inversa promovida polo ICEX (Instituto de Comercio Exterior) que terá lugar no Mosteiro de Santa Clara. Xunto á Pontevedra Provincia Film Commission participarán outras oficinas do resto do Estado integradas na Spain Film Commission como é o caso de Andalucía, Valladolid, Bilbao, Cataluña, Canarias, Madrid, Mallorca, Asturias, Tarrasa, Carmona e Valencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.