Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:38:33 horas

Xornal21.es
Lunes, 16 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A paisaxista Sinda Davila deseña cinco novas rotondas en Tomiño

A experta traballa coordinadamente cos viveiros da zona (representados por acuBam) e coa Fundación Xabier Pousa, responsable do proxecto “Cultivando Paisaxes” dentro do que se engloba esta actuación

A paisaxista viguesa Sinda Davila é a artífice do deseño das rotondas da nova avenida Baixo Miño, construída arredor do centro urbano de Tomiño co fin de reducir o tráfico rodado no centro do municipio.


A experta traballa de forma coordinada cos viveiros da zona (representados por acuBam. Asociación de Cultivos do Baixo Miño) e tamén coa Fundación Xabier Pousa, responsable do proxecto “Cultivando Paisaxes”, dentro do que se engloba esta actuación.


O obxectivo era o de converter cada rotonda (son 5) nun escaparate da actividade do viveirismo, principal motor económico da vila. Así, a xente que circulara pola nova avenida, podería ver algo diferente e preguntarse o por que.


Davila decantouse por deseños “orgánicos”, con moitas plantas e árbores que vaian florecendo en distintas épocas do ano. “A min, preocupábame, sobre todo, os volumes e a estrutura, e díxenlles a eles –os viveiristas- que elixiran as plantas que quixeran amosar”, aclara a autora dos deseños, coma o da rotonda situada na saída da vila pola estrada que vai a Gondomar. Nesta, hai rododendros, carballos -que abren en forma de pirámide-, hortensias do tipo “paniculata” (especie de hortensia máis forte e resistente que a común, que pode alcanzar os 4,5 metros) de cor verde lima e verde branco; liriopes o serpentinas, etc. Entre eles, malla anti-herbas (para minorar as tarefas de mantemento), perfís de metal (para que nun futuro non se perda o deseño), rego gota a gota (para aforrar auga) e un “río” de cristais azuis reciclados, ademais de pedras (canto rodado branco e gravilla) e luces tipo led. Un soporte explicará que as rotondas forman parte do proxecto “Cultivando Paisaxes” e un código Qr indicará os nomes das plantas e árbores e os viveiros onde atopalas.


Noutra das rotondas puxéronse maceiras ecolóxicas rodeadas dunha plantación de diferentes plantas (azalea, diosma, loropectalum, physocarpus e gravillea) a que van florecendo diferente segundo a época.


Os traballos nas rotondas vanse realizando de forma simultánea e, en xeral, están xa moi avanzados, aínda que os resultados definitivos non se observarán ata dentro dun ano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.