GALICIA
Xunta e federacións deportivas acuáticas analizan medidas para minimizar o risco destas modalidades
Os asistentes coincidiron na necesidade de campañas de sensibilización, formación e información así como mellorar os períodos de balizamento ou o control dos tíulos de navigación
A conselleira do Mar, Rosa Quintana e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron nesta semana unha xuntanza cos responsables das federacións deportivas acuáticas -Pesca, Actividades Subacuáticas, Socorrismo, Motonáutica, Natación, Piragüismo, Remo, Salvamento e Socorrismo, Surf, Tríatlon e Vela- para analizar as posibles iniciativas ou medidas para minimizar os riscos nas prácticas das súas modalidades.
Deste xeito, os participantes na reunión coincidiron na necesidade de realizar campañas de sensibilización, formación e información para dar a coñecer a lexislación vixente e as distintas medidas de prevención; mellorar os períodos de balizamento nas praias, a través das entidades locais; a necesidade de propoñer ás administracións competentes -Marina Mercante e Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana- a necesidade de control dos títulos de navegación; así como en propoñer o incremento dos medios de vixilancia e control.
Por outra banda, a conselleira e o secretario xeral informaron que nas vindeiras datas reuniranse coa Axencia Galega de Emerxencias para analizar outras posibles medidas a implementar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217