Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Jueves, 12 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán organiza unha excursión a Asturias para os seus maiores

Ademais de coñecer a histórica cidade de Oviedo, inclúe visita a algunha das localidades costeiras máis fermosas do Principado

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade nesta ocasión cunha excursión de tres días a Asturias o 27, 28 e 29 de Maio. O custe é de 210 € e inclúe hotel de 3 ou 4 estrellas en Oviedo en habitación dobre, transporte en autobús, pensión completa, guía acompañante e seguro.

 

A inscrición realizarase únicamente este xoves 12 de Maio no Pavillón Municipal de Panxón de 9:00 a 13:00 horas adiantando 50 € do custe total da viaxe (cada solicitante pode anotar só a un acompañante e debe levar sendos DNI, resultando imprescindible ser xubilado empadroado en Nigrán). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición ata completar un autobús, así como as reservas dos asentos.

 

A excursión, ademais de coñecer a histórica cidade de Oviedo, inclúe visita a algunha das localidades costeiras máis fermosas do Principado. Esta partirá cedo desde Nigrán o venres 27 de Maio para visitar Luarca, comer posteriormente en Soto del Barco e pola tarde coñecer Oviedo, onde estará o hotel. O sábado 28 estará destinado a coñecer Xixón e Luanco con comida en Oviedo e visita pola tarde a Lastres. O domingo 29 farase unha parada en Cudillero, repetirase a comida en Soto del Barco e a continuación regresarase  a Nigrán.

 

O goberno local de Nigrán entende que viaxar para as persoas maiores despois da inactividade do Covid-19 é especialmente importante. "Non só serve para descubrir lugares novos, senón que aporta moitísimos beneficios especialmente útiles para eles, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención".

 

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, "porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.