GALICIA
A Xunta financiará dez novas unidades de atención temperá
A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, acompañada do delegación territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o centro que presta servizo á Mancomunidade do Carballiño-Ribeiro
A Xunta de Galicia financiará en 2022 a posta en marcha de dez novas unidades de atención temperá, que prestarán servizo a un total de 29 novos concellos, para reforzar e estender a rede pública autonómica. A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, anunciou esta mañá a resolución da orde de axudas para a creación de novos centros, coa que se atende o 100% das peticións formuladas, durante unha visita as instalacións da Mancomunidade do Carballiño-Ribeiro.
As novas unidades de atención temperá darán cobertura, así, ao Porriño, Nigrán, Bueu e á agrupación dos concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Melón na provincia de Pontevedra; ás agrupacións dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada; e a de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna na de Lugo; e á agrupación dos concellos de Padrón, Dodro, Rios, Pontecesures e Valga; á de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne; á de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar, e ao concello de Arteixo na provincia da Coruña.
As instalacións darán cobertura a case tres decenas de municipios das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, todos os que o solicitaron
Fabiola García agradeceu o labor que prestan as traballadoras deste servizo, que serven de guía profesional a milleiros de familias galegas para detectar posibles trastornos de comportamento nos nenos de entre 0 e 6 anos a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible para ofrecer unha resposta global ás necesidades do pequeno.
Máis de 6 millóns de euros
Para garantir este servizo, que actualmente prestan 36 centros repartidos por toda a Comunidade, aos que hai que sumar os dez que se porán en marcha ao longo deste ano, o Goberno galego investirá 6,2 millóns de euros neste exercicio. A aposta que a Xunta de Galicia está a levar a cabo desde hai máis dunha década, engadiu a conselleira de Política Social en funcións, permitiu multiplicar por 15 o número de unidades en funcionamento desde 2009, cando só había dúas que cubrían 15 municipios, e multiplicar por dez o número de menores atendidos, que pasaron de 160 a 1.500.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217