Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:48:44 horas

Xornal21.es
Domingo, 15 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello saca a licitación a concesión de catro postos nos mercados de Tomiño e Goián

As persoas interesadas terán ata o vindeiro 24 de maio para presentar as súas ofertas

[Img #75885]No camiño de continuar dinamizando os mercados municipais, o Concello vén de sacar a licitación a concesión de uso de catro postos distribuídos nas prazas de abastos dos núcleos urbanos de Tomiño e de Goián.


Trátanse de tres postos en Tomiño, dous na planta baixa destinados a actividades de peixaría e tenda de alimentación e un no primeiro andar de uso alimentario e venda polo miúdo. Pola súa banda, na praza de abastos de Goián sae a licitación un posto de uso comercial en xeral, tanto alimentario como non alimentario.


As persoas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro martes 24 de maio no rexistro do concello de Tomiño en horario de 09.00 a 13.00 horas de luns a venres ou por correo certificado, anunciando a remisión e a xustificación de data por fax, telefax ou telegrama no mesmo día do envío.  


Coa ocupación destes catro postos o Concello procura seguir ampliando a oferta a disposición da veciñanza en ambos os dous mercados, que contan con espazos acolledores, modernos, céntricos e ben acondicionados para satisfacer as necesidades tanto de praceiros e praceiras como das propias persoas consumidoras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.