VIGO
O alumnado do IES Ricardo Mella de Vigo coñece as múltiples saídas laborais que ofrece o noso mar
A actividade enmárcase no proxecto RELEVO 2, unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro
O programa RELEVO 2 busca trasladar ao estudantado, de forma amena, dinámica e práctica, as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro para que os mozos e mozas sexan coñecedores no que deben formarse para entrar a formar parte do sector e constituír o verdadeiro relevo xeracional. Trátase dunha iniciativa promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, entre eles o GALP Ría de Vigo-A Guarda.
No marco deste proxecto, o alumnado do IES Ricardo Mella de Vigo achegouse ao Porto de Vigo, quesupón un potente motor económico para a cidade e a súa área, xestionando un tráfico de mercadorías de algo máis de catro millóns de toneladas. Durante a súa visita, puideron afondar na súa actividade da man da Autoridade Portuaria, que está a piques de cumprir 140 anos como organismo responsable da súa xestión. A continuación, a rapazada coñeceu o labor que desenvolven desde a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), unha entidade que contribúe a que o sector pesqueiro sexa un baluarte da economía galega desde hai máis de 50 anos e na que se traballa a prol da sostibilidade e a innovación no sector pesqueiro.
No territorio do GALP Ría de Vigo – A Guarda participan un total de 13 centros de ensino de secundaria e de aquí a final de curso están previstas máis saídas do alumnado a outras instalacións e tamén sesións de aula con profesionais do sector.
O GALP participa nun encontro sobre pesca artesanal en Cádiz
Representantes da confrarías de Cangas, Vigo e Baiona, xunto á xerente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, Elena Herbello, participan estes días no Encuentro Internacional Pesca Artesanal de Pequeña Escala en Conil de la Frontera, en Cádiz. O obxectivo deste foro é promover o Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais 2022, contribuíndo á súa vez a destacar as contribucións da pesca artesanal ao desenvolvemento sostible cumprindo cos obxectivos de desenvolvemento sostible incluídos na Axenda 2030.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91