GALICIA
Xunta e CEP analizan o papel das empresas na xestión das grandes emerxencias e catástrofes
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, recibiron no CIAE 112 Galicia a membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra, que coñeceron de primeira man o sistema galego de resposta ás chamadas de emerxencia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, recibiron esta semana, nas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, a membros e representantes da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), cos que analizaron o papel das empresas na xestión das graves emerxencias e catástrofes.
Así, o representante do Goberno galego, xunto co xerente da AXEGA, mostraron aos asistentes o sistema galego de resposta ás chamadas de emerxencia, e puxeron de relevo o tecido empresarial como parte activa na xestión dos medios e recursos necesarios para facer fronte a situacións críticas e inesperadas.
Villanueva destacou a relevancia do tecido empresarial como parte activa na xestión dos medios e os recursos necesarios para garantir a protección e abastecemento da poboación en situacións críticas
De igual modo, sinalaron a importancia de establecer un diálogo constante entre os organismos públicos e privados co obxectivo de favorecer accións e políticas que axuden a anticiparse ao perigo, como son as medidas de prevención e seguridade no eido do traballo, pero tamén dentro das familias.
Neste senso, os representantes da CEP mostraron a total colaboración da súa organización para apoiar e contribuír coas actuacións necesarias na concienciación e sensibilización da poboación en medidas de auto protección, que permitan reducir os riscos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217