Domingo, 10 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 10 de Mayo de 2026 a las 10:07:48 horas

Xornal21.es
Sábado, 14 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP pide á Deputación explicacións ante un posible caso de censura na imprenta provincial

Cubela explica que Presidencia decidiu non publicar a revista da Festa da Sementeira, en Salvaterra de Miño, despois de revisar o seu contido

O grupo provincial do Partido Popular esixe ao Goberno da Deputación de Pontevedra explicacións “claras e urxentes” ante un  posible caso novo de censura na institución provincial. Fanse eco así das denuncias da Asociación Cultural Quinta do Piñeiro que critica que, despois de revisar o contido da revista da Festa da Sementeira, que se celebra esta fin de semana en Salvaterra do Miño, o Bipartito decidiu romper co seu compromiso e non imprimir a publicación que incluía o programa e as actividades da festa.

 

O voceiro Jorge Cubela considera que “esta censura é dunha gravidade extrema”, e lamenta que “non é o primeiro caso, e os indicios sinalan que pode ser xa unha situación normalizada na Deputación. Cando un contido non lles gusta ou non pasa o seu filtro, deciden censuralo”. Así, considera que “están desprezando o traballo deste colectivo, e de todas as persoas que de xeito altruísta colaboran con esta celebración”.

 

Os populares explican que, a pesar de que había un compromiso para publicar esta revista, e mesmo lle deron luz verde ata en dúas ocasións á asociación, a Presidencia pasou revisión do contido, e foi nese momento cando rexeitaron a súa publicación. “Unha decisión especialmente grave. Que unha administración pública, que desde Presidencia da Deputación de Pontevedra, se censure a unha asociación cultural merece, como mínimo, unha explicación por parte do Goberno”, insiste Cubela. Ademais, recorda que hai só uns meses o xornalista Miguel Boo tamén denunciou publicamente o “secuestro” do seu libro “La mala prensa del eucalipto”.

 

Cubela recorda que este tipo de colaboracións da imprenta provincial son “especialmente importantes” para as asociacións, colectivos e entidades das diferentes parroquias. “Supón un apoio fundamental para a súa actividade pero o que están recibindo do Goberno provincial é desprezo polo seu traballo e falta de colaboración”. Ademais da censura, “un feito xa grave por si mesmo”, o popular critica tamén que, como fixeron co Parque de Maquinaria, desde o Goberno provincial están reducindo a imprenta “ata a súa desaparición”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.