MOS
Preto de 300 persoas participan no programa Tempo de Lecer
Os 46 cursos ofertados a través do programa municipal impártense nun total de 19 asociacións mosenses
Os cursos do programa Tempo de Lecer, que ofrecen temáticas tan variadas como desde agricultura ecolóxica ata pilates, teatro, costura, panteireta, herbas medicinais, bolillos, musicoterapia, cociña e repostería vexetariana... etc. (así ata un total de 46) están dotados de 40 horas de clase e xa comezaron todos a impartirse.
O que máis éxito de afluencia logrou ata o de agora é o de agricultura ecolóxica na A.V.V. Santa Baia de Mos, cun total de 23 persoas participantes.
Elia Lugilde Folgar, é a monitora de agricultura ecolóxica e tamén dá o curso de herbas medicinais no Centro Cultural Abrente. Esta técnica en producción agroecolóxica é tamén veciña mosense.
Os obxectivos do programa municipal Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.
O sistema para organizar e levar a cabo este programa é o seguinte: ofértase un listado dos diversos obradoiros, diferenciados por áreas. É a asociación a que elixe nos que desexa participar.
A data e horario dos obradoiros son elixidos polas asociacións que os solicitan, adecuándose ás súas necesidades.
Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello. O custo dos cursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184