MOS
O BNG considera un “remendo” a reforma da Biblioteca
Gustavo Barcia defende a necesidade de contar cun edificio de maiores dimensións, preto do Instituto e deseñado especificamente para ese fin
No último pleno do Concello de Mos, o BNG abstívose na votación para destinar 600.000 euros á reforma da Biblioteca Municipal. O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia, expresou o seu desacordo coa decisión do goberno e apostou por construír un novo edificio “para ofrecer un servizo de calidade ás persoas usuarias, que son maioritariamente estudantes”. Na súa opinión, o espazo dispoñible nas actuais instalacións “é insuficiente” e entende que o emprazamento máis acaído para un equipamento destas características sería a contorna das Pozas, a carón do Instituto. Lembra, ademais, que de acordo co PXOM de 2017 “esta é a zona reservada para o desenvolvemento do futuro núcleo urbano do concello e é, polo tanto, o lugar onde se deben centralizar os servizos municipais”.
Propón reservar o nome de María Magdalena Domínguez para o novo equipamento e lamenta que a obra da poetisa non estea a disposición do público
Gustavo Barcia defendeu a viabilidade económica de construír un novo edificio, de maiores dimensións e deseñado especificamente para acoller o servizo. Neste sentido, lembra que o Concello de Nigrán, “moi parecido a Mos en nivel de orzamento e poboación”, vén de construír unha nova biblioteca de 1,8 millóns de euros e que a Deputación de Pontevedra financiou un 80% dese importe. “Se o goberno quixera, podería chegar a un acordo similar e o custo sería perfectamente asumible para as arcas municipais”, explica o concelleiro. Considera, por outra parte, que “o PP de Nidia Arévalo non ten un plan de futuro para este concello máis aló dun eslogan, por iso o único que saben facer son chapuzas e remendos coma este”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184