• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Jueves, 05 de Noviembre de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Noviembre de 2026 a las 19:53:36 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • A Volta dos Pinchos de Mos cierra su segunda edición con 3.000 pinchos servidos

      A Volta dos Pinchos de Mos cierra su segunda edición con 3.000 pinchos servidos

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • El BNG de Ponteareas pide duplicar las ayudas al agua y reforzar la salud mental

      El BNG de Ponteareas pide duplicar las ayudas al agua y reforzar la salud mental

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • O Rosal abre una bolsa de empleo para su biblioteca

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona reúne a 140 especialistas en esclerosis múltiple

      Baiona reúne a 140 especialistas en esclerosis múltiple

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Una herencia de 40 millones de pesetas desata la 'Mala Hostia'

      Una herencia de 40 millones de pesetas desata la 'Mala Hostia'

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Jueves, 19 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
DEPORTES

Ángel Suárez suma o seu cuarto título de campión de España de Descenso

O elite vigués aumentou a súa colección de títulos estatais na localidade abulense de El Raso. O máster-30 B Carlos Díaz conseguiu a outra medalla galega

O gran favorito viuse obrigado a empregarse a fondo e non fallou. O vigués Ángel Suárez acadou o seu cuarto título estatal de Descenso este domingo na localidade abulense de El Raso. O rider elite, con licenza do Vigo-Rías Baixas e defendendo as cores do Commencal, soubo adaptarse á dificultade extra de ter sufrido un problema mecánico na clasificatoria. Carlos Díaz (CiclosQuintena), terceiro nos máster-30B, colgouse a outra medalla galega, mentres que a Selección autonómica asinou varios postos entre os dez primeiros na súa aposta polas categorías de menor idade e polo DHI feminino.


Campión por última vez no 2020, Suárez non o tivo nada doado nun circuíto coñecido por ser sede habitual da Copa de España. Nun terreo seco, con moito po e moi roto, sobre todo no treito inicial onde se atopaban as zonas de maior pendente e dificultade, unha picada na primeira curva penalizou ao vigués na clasificatoria. Este contratempo provocou que na final saíra "con pilotos máis lentos", como sinalou o olívico nas súas redes sociais.


O rider que no 2021 fixo historia para o Descenso estatal, ao subir ao podio na Copa do Mundo de Snowshoe, ofreceu na quenda definitiva o mellor do seu repertorio. "Tiven que adiantar a algún durante a baixada final, complicando un pouco máis as cousas para levarnos o título", indicou Suárez. O reloxo detívoo en 2’08”71, batendo por algo máis dun segundo e medio a Pau Menoyo (Bike Abadeses), que concluíu segundo con 2’10”37. A terceira posición correspondeu a Orion Kirchmayer (Madrid), que completou o descenso nun tempo de 2’12”83. Entre os dez primeiros elite-sub23 tamén rematou o galego Marco Martínez (Corbelo), oitavo con 2'15"45.


Bronce de Díaz
Nun evento que reuniu a máis de 200 participantes, ao ouro de Suárez houbo que engadir un bronce máster no balance de medallas autonómicas. No grupo de idade 30B, Carlos Díaz clasificouse terceiro (2'27''97). O 'crono' do piloto do CiclosQuintena superou en seis segundos o de Adal Capote (Hilera) e en dez o de Pasqual Canals (St. Andreu Barca).


Preto de pisar o caixón quedaron dous galegos que representaron aos seus equipos. Uxía Álvarez (Coruxo) fixo cuarta nas elites e Roi Jorge (Bici Verde) obtivo a sexta praza nos juniors.


Selección de Galicia

O combinado da Federación de Ciclismo Galego, a Selección de Breogán, desprazouse ata a serra de Gredos con nove riders e viviu unha experiencia especialmente enriquecedora para os máis novos. A fin de semana caracterizouse pola aprendizaxe, compañeirismo e o bo ambiente no grupo dirixido polo seleccionador Esteban Lorenzo. Como auxiliar técnico exerceu Tony Pérez, quen soubo inculcar os coñecementos idóneos para afrontar unha competición do máximo nivel.


Tras recoñecer o percorrido o venres e os adestramentos oficiais do sábado, a folla de ruta a seguir indicaba que o arranque do circuíto era ideal para que os descenders máis experimentados voaran sobre as rochas e a area. A zona media da baixada presentaba un 'rizado' característico e unha gran meseta, como antesala dunha parte final con saltos e gran velocidade para entrar na praza de El Raso onde se atopaba a meta.


O trío de cadetes da Selección Galicia respondeu de xeito notable a este desafío. Raúl Romero logrou a sétima posición, xusto por diante de Uxío Atrio e Yago Caride terminou undécimo. En canto aos juniors, André Martínez outorgoulle outro top-10 á delegación autonómica ao meterse décimo, Guillermo Loureiro ocupou a duodécima praza e Marcos Abalo (24º) limitouse a acabar a final despois de que lle rebentara a roda traseira. Tampouco tivo o seu día o sub23 Víctor Mariño, que malia protagonizar varias saídas do circuíto aparece no décimo oitavo posto da categoría raíña masculina, competición que disputaron máis de 70 riders.


O combinado autonómico tivo presenza por partida dobre na proba Elite feminina. Un descenso sen incidencias situou quinta a Gemma Chapela e máis accidentada resultou a baixada final de Estefanía Cabarcos, sétima na táboa, tras varias caídas sen máis consecuencias que os segundos perdidos.

 

Noticia anterior:
El italiano Daniele Provezza dirigirá el 
Hotel Attica21 Vigo
Noticia siguiente:
O BNG acusa a Abel Caballero de “vaciar” os museos de Vigo
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.45

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Más de 395.000 gallegos afrontan el jueves el segundo pago del IRPF

Más de 395.000 gallegos afrontan el jueves el segundo pago del IRPF

El IEO mejora la predicción de las toxinas en las rías

El IEO mejora la predicción de las toxinas en las rías

Santiago acoge una jornada para probar robots con IA y realidad virtual

Santiago acoge una jornada para probar robots con IA y realidad virtual

La inflación se comerá parte de la subida de sueldos en 2027

La inflación se comerá parte de la subida de sueldos en 2027

Opinión

¿Hasta cuándo seguiremos cambiando la hora?

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Investigan una estafa de alquileres turísticos en Sanxenxo

Investigan una estafa de alquileres turísticos en Sanxenxo

Investigan a un joven de Arbo por conducir un motocultor sin carné

Investigan a un joven de Arbo por conducir un motocultor sin carné

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Agenda

Noviembre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Galicia

Bruselas llevará

Bruselas llevará "a corto plazo" al TJUE el dictamen sobre la prórroga de la AP-9

Galicia alcanza en octubre el mejor dato de afiliación de su historia

Galicia alcanza en octubre el mejor dato de afiliación de su historia

Provincia

El PP asegura que eximirá del IVE a 8.300 autónomos de Vigo y su área

El PP asegura que eximirá del IVE a 8.300 autónomos de Vigo y su área

25,1 millones para impulsar Benestar Social y Príncipe Felipe

25,1 millones para impulsar Benestar Social y Príncipe Felipe

Deportes

Vilagarcía corona a Ruiz Ponce y Konitzer en 470 y 49er

Vilagarcía corona a Ruiz Ponce y Konitzer en 470 y 49er

Alejandra Neira, recibida por Rueda tras coronarse campeona del mundo y Europa

Alejandra Neira, recibida por Rueda tras coronarse campeona del mundo y Europa

El Porriño cae ante el Elda Prestigio (21-25) y suma su sexta derrota

El Porriño cae ante el Elda Prestigio (21-25) y suma su sexta derrota

Motor

Chery presenta el OMODA X y anticipa robots humanoides y taxis aéreos

Chery presenta el OMODA X y anticipa robots humanoides y taxis aéreos

Salud

Galicia estrena un plan de cuidados paliativos pediátricos con 3 millones hasta 2030

Galicia estrena un plan de cuidados paliativos pediátricos con 3 millones hasta 2030

El TTD reúne una base pionera sobre cáncer de hígado

El TTD reúne una base pionera sobre cáncer de hígado

La Xunta destina 12,6 millones a mejoras retributivas para el personal del Sergas

La Xunta destina 12,6 millones a mejoras retributivas para el personal del Sergas

Turismo

Galicia promociona en Londres su oferta y el Xacobeo 2027

Galicia promociona en Londres su oferta y el Xacobeo 2027

Hogar

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Seguridad | Protección Civil

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

El italiano Daniele Provezza dirigirá el 
Hotel Attica21 Vigo

O BNG acusa a Abel Caballero de “vaciar” os museos de Vigo

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder