Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 18 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Artes Rodia convoca o 1º Certame “Crea no teu camiño”

Sortearase un retrato en grafito valorado en 500€

O escultor e pintor mosense Severiano Lago Palmero -Artes Rodia- convoca o 1º Certamen “Crea no teu Camiño”, unha iniciativa para tentar de animar aos “verdadeiros creadores” tanto literarios como plásticos. 

 

[Img #75963]“A idea xurdiu na pandemia durante as sucesivas restriccións, onde houbo unha gran cantidade de xente que adicaba ese tempo a escribir, pintar ...” explica o autor mosense, engadindo que “fíxome querer agradecerlle a tódolos creadores que antes e agora traballan, estudan e seguen o seu día a día, pero fan o esforzo de sacar tempo para poder crear”.

 

Dende Artes Rodia explican que “Crea no teu Camiño” é unha oportunidade para “animalos e, recompensar dentro das nosas posibilidades, o interés que a xente ten pola arte, xunto co empeño que amosan o crear algo que, posiblemente, non sexa coñecido nin recoñecido, inda ofrecendo un gran potencial”.

 

Así, participar neste 1º Certame, supón unha gran oportunidade para descubrir o interior de verdadeiros creadores tanto literarios como plásticos. 

 

Participación e premio

Para participar tan so fai falta achegar unha libreta de bosquexos de "ARTES RODIA"  que  se pode recoller de balde no Pazo de Mos e no albergue para peregrinos da Veigadaña, e enviala ao Apartado de Correos 25  - 36416  Tameiga (MOS-PONTEVEDRA). Os participantes deberán presentar o caderno de bosquexos de “ARTES RODIA”, cun mínimo de 15 páxinas completas.

 

Entre as persoas participantes sortearase un retrato hiperrealista, grafito, 70 x 50 cm sobre papel encolado en tabla ,valorado en 500€. O parazo comezará en xuño de 2022 e a data límite para participar será o 31 de decembro de 2022.

 


RESUMO DAS BASES DO 1º CERTAME " Crea no teu Camiño " de ARTES RODIA

 

1 - Poderán concorrer tódolos participantes que acheguen a libreta de bosquejos ARTES RODIA , con un mínimo de 15 páxinas completadas.

 

2 - As libretas podense recoller no edificio do Pazo de Mos e Albergue de peregrinos Veigadaña de balde.

 

3 - As obras deberán expresar o día a día do participante mediante bosquejos , ilustracions ,relato ou poesía.

 

4 - Todalas libretas estarán asinadas e aportarán os datos de contacto xunto cun correo electrónico ,mediante o que se adxudicara un número de inscripción.

 

5 - Premios

- 1 retrato hiperrealista, grafito ,70-50 cm valorado en 500€

- 1 lámina orixinal de Artesrodia ,300€

- 1 retrato realista , grafito ,A4, 150€

 

Os premios non poden cambiarse polo seu valor económico.

 

6 - O prazo de presentación comeza en xuño de 2022 e remata o 31 de decembro de 2022 

Aceptaranse os envíos con matasellos de esa fecha 

As libretas remitiránse ao: Apartado de correos 25 - 36416  Tameiga - Mos (Pontevedra)

 

7 - En febreiro 2023 mediante sorteo otorgaránse os premios.

Os gañadores faranse públicos nas redes sociales de Artesrodia Facebook e Instagram

 

8 - Os participantes permiten a divulgación da súa obra  e ceden os seus dereitos a favor de Artesrodia, adxuntando o Nome do autor.

 

9 - calquer incidencia será resolta por Artes RODIA .

 

Mais información e bases completas no enderezo electrónico artesrodia@gmail.com

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.