MOS
Fase final da contratación da mellora da Estrada da Vía
A adxudicación é inminente e a obra comezará en breve
O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven, para este ano 2022, 17 novos asfaltados no termo municipal, que suman un total de 9 quilómetros de extensión.
Entre eles atópase a mellora da Estrada da Vía, que se atopa en procedemento de contratación, e que mañá se levará a Xunta de Goberno Local para o trámite previo á adxudicación do contrato á empresa concesionara. Polo que próximamente iniciarase a obra de mellora da Estrada da Vía na súa lonxitude total de 3,5 quilómetros que transcorren polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso. Obra que se financiará con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun importe de 354.928,61 euros.
A actuación abarca unha lonxitude total de 3.522,00 metros, con varios anchos e conleva as seguintes actuacións: actuacións previas, estruturas, execución de firmes e pavimentos, sinalización, balizamento e defensas, e reposicións.
As actuacións previas inclúen impeza e desbroce dos bordes do vial, e limpeza de cunetas e noiros.
Respecto dos firmes e pavimentos a rehabilitación será mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm. de asfalto. Nalgún tramo intermedio da estrada da Vía, debido a que conta cun ancho inferior a 7,00 metros e debido ao alto tráfico que soporta, proponse á ampliación da plataforma dentro dos límites das aliñacións do planeamento vixente, para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehículos con maior seguridade.
O recrecido, consistirá na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste estendida e compactada.
Previa a extensión de dita capa, realizarase unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.
Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos. Repintado de sinalización horizontal existente, pasos de cebra, e sendas peonís existentes.
No tocante ás estruturas proxéctase ampliar o ancho do vial nun tramo de 80,00 metros de lonxitude. Debido a isto é preciso executar un muro de contención de 10,00 metros e 1,70 metros de altura, para a contención de terras. Proxéctase unha cimentación directa, por apoio sobre o terreo da base do muro. Para a contención proxéctase un muro de gravidade, formado por escollera e/ou pezas de pedra de dimensións adecuadas. Con carácter previo á execución do muro refinarase a excavación ata deixar superficies regulares.
Esta mellora tamén inclúe obras adicionais necesarias para realizar actuacións que non estén englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais consideranse, entre outras o arranxo de beiravías e cunetas. Un exemplo da realización de obras adicionais e a que se pretende realizar de realizacion de canaletas de formigón, que protexerán a zona asfaltada de filtracions de auga e de vexetación. Asemade procederase á limpeza e substitución das táxeas existentes, para mellorar a evacuación das cunetas e dos regadios existentes.
Por útimo dotarase con sinais de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións ás interseccións.
A programación dos traballos da pavimentación estima un prazo aproximado para as obras de dous meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184