Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 21 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Máis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’

Os obradoiros comezaron onte como preámbulo á Festa da Rosa do mes de xuño e prolongaranse ata o día 10 do mes que vén

Máis de 200 persoas participan nos obradoiros As nosas Rosas nas Parroquias, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa 2022 que se celebrará durante todo o vindeiro mes de xuño (do día 3 ao 26).

 

Esta semana  comezaron os obradoiros na AVV Santa Baia de Mos cun curso de elaboración de xabóns de rosas. E esta tarde impártese o meso obradoiro na Asociación San Martín de Tameiga en Costoias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses Sara Cebreiro e Julia Loureiro achegáronse para coñecer de primeira man as técnicas de fabricación de xabóns artesanais coa flor emblema do escudo municipal.

 

Desde o 18 de maio ao 10 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

 

Coas fotografías desas rosas énchense as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación. As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:

 

Obradoiro de Elaboración de Xabóns de Rosas:
18 de maio AVV Santa Baia
19 de maio San Martín de Tameiga
24 de maio AVV Chan do Bosque
1 de xuño CSCD As Pedriñas
4 de xuño CCS Herville

 

Obradoiro de Secado de Rosas:
23 de maio A Cividade de Louredo
30 de maio CC Abrente
31 de maio AVV Santa Ana de Veigadaña
7 de xuño CRC Torroso
10 de xuño ARC Guizán

 

Obradorio de Estampación de Rosas en Tea:
27 de maio AVC Ledicia de Sanguiñeda
28 de maio AVV Celado
1 de xuño AVV Nosa Terra de Pereiras
3 de xuño AVV Dornelas

 

Se hai algunha persoa interesada en participar nalgún dos cursos aínda pode incribirse directamente nas asociacións. Para solicitar máis información sobre a iniciativa pódese chamar ao teléfono 986 33 94 04.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.