VIGO
A Xunta pon a disposición de empresas e expositores o novo pavillón do Ifevi
Marta Fernández-Tapias visitou o recinto feiral despois de que os traballos de ampliación concluísen coa construción do Pavillón 5
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou onte xoves o novo pavillón do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) unha vez rematados os traballos de ampliación. A representante autonómica realizou un percorrido polas novas instalacións para comprobar o remate das obras e a súa posta a disposición de empresas e expositores.
“A administración autonómica cumpre así cos seus compromisos tras un ano de traballos e 7,3 millóns de investimento, un novo investimento, outro máis, da Xunta para a cidade e pola cidade de Vigo tras superar moitos escollos”, sinalou. Fernández-Tapias.
As obras de ampliación, realizadas mediante un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, consistiron na ampliación do Ifevi coa construción do Pavillón 5.
O recinto feiral gaña así unha nova superficie construída de 6.572,80 m2, dos que 5.536,05 m2 se corresponden coa ampliación e 1.036,75 m2 coa reforma do edificio existente. “O obxectivo desta iniciativa, coa que a Xunta amosa, unha vez máis, o seu compromiso coa cidade de Vigo e co recinto feiral, é incrementar a competitividade das instalacións e consolidar a celebración de eventos de referencia a nivel europeo e internacional como Conxemar”, apuntou a delegada territorial.
A instalación do equipamento para o novo módulo cuberto de atletismo tamén finalizará nas vindeiras semanas
Esta ampliación súmase á xa realizada en 2018, na que a Administración autonómica investiu máis de 4 millóns de euros. En total, desde 2005 a Xunta de Galicia leva investidos neste recinto feiral de referencia máis de 15 millóns de euros, aos que se suma agora o investimento para este novo proxecto.
Módulo de atletismo
Ademais, a delegada avanzou que nas vindeiras semanas levarase a cabo a instalación do equipamento deportivo. O novo módulo cuberto de atletismo do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) vén a paliar a situación de parálise que vive o atletismo vigués e que suporá unha solución para que os atletas vigueses poidan adestrar todos os días do ano nunha pista cuberta, sen límite de capacidade, con independencia da situación meteorolóxica e que quedará instalada para sempre dentro do patrimonio do deporte de Vigo.
As novas infraestruturas deportivas, das que se verán beneficiados preto de 1.000 atletas repartidos entre os 15 clubs da área metropolitana de Vigo, contarán cunha recta de atletismo de 60 metros de lonxitude e seis rúas, ademais de catro zonas diferenciadas para a práctica do salto de lonxitude e triplo salto, lanzamento de peso, salto con pértega e salto de altura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91