Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:38:33 horas

Xornal21.es
Domingo, 22 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
TURISMO

A Praza do Seixo énchese de festa coa celebración do Correlingua 2022

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu a benvida aos 250 estudantes de primaria e secundaria que se achegaron ata o lugar acompañados polos seus profesores

A Praza do Seixo foi escenario este mediodía do CORRELINGUA 2022; acto que contou coa actuación de Mekánika Rolling Band, presentada por Fran Rei. O ambiente creado pola música da banda e a enerxía propia dos estudantes converteu a actividade nunha verdadeira festa.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu a benvida aos 250 estudantes de primaria e secundaria que se achegaron ata o lugar acompañados polos seus profesores e profesoras, agradecendo a todas as entidades que fan posible a realización do Correlingua, que non visitaba o concello desde o ano 2018.


A rexedora animou a todos os presentes a falar, estudar e vivir a lingua galega. "Grazas a todos os e as profes que vos implicades no Correlingua, porque grazas a vos imos a celebrar mil primaveras máis para o Galego; o que queremos celebrar aquí é que temos unha lingua propia, nosa, o que é un motivo de orgullo para nós", afirmou a alcaldesa.


Ao concerto asistiu alumnado e profesorado de colexios e institutos de Tui (CEIP Rebordáns e IES San Paio), Tomiño (CEIP de Barrantes e IES Antón Alonso Ríos), O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier) e Gondomar (IES Terra de Turonio).


Mekánika Rolling Band son os gañadores da edición do Cantalingua desta convocatoria de 2022 e participan nas Festas convocadas en espazos públicos e centros escolares das catro provincias.


O grupo, de animación de rúa, gañou o certame coa canción “En busca da festa”. Conta cun escenario móbil auto amplificado, e que incorpora efectos visuais nun show enérxico, participativo e dinámico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.