Martes, 17 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

"Choque" nos dous grupos de goberno en Salceda

Santiago Rodríguez pide explicacións ao goberno o goberno ante “o desmarque e desautorización por parte da Tenente de alcaldesa hacia a proposta da Alcaldesa sobre a ubicación do futuro centro de día”

O Grupo Popular destapou e deu a coñecer a opinión pública a intención que califican de "irresponsable e inédita do bipartito salcedense de querer construir sobre a mesma parcela a segunda galiña azul e un centro de día, utilizando para elo o mesmo anteproxecto e o mesmo terreno para os dous fins".

 

"Increíble pero certo", según veñen a denunciar os populares salcedenses. "A falta de unidade do bipartito ten sido algo normal e habitual en cuestións de 'andar por casa', no día a día do Concello, que quedaba ata o de agora de portas para adentro, pero esta vez xa é notorio e preocupante", din os edís do Grupo Popular.

 

Ante este "desencontro e choque frontal dos dous grupos que conforman o bipartito salcedense, e ante o silencio da sra. Alcaldesa que quedou desautorizada públicamente polas declaracións da exalcaldesa, o voceiro popular Santiago Rodríguez Davila asegura que “os salcedenses merecemos saber quen lidera e manda no goberno bipartito, logo da desautorización pública da exalcaldesa Dolores Castiñeira a actual alcaldesa. Case quince día despois desas declaracións de desmarque cara a sra. Alcaldesa Verónica Tourón, ésta non di nada, nin aclara nada, nin retifica nen desautoriza a tenente alcaldesa, polo que a ollos dos veciños, a señora Tourón, queda sen autoridade sobre o que se supón é o seu goberno”

 

Davila explica que “deberíamos ter un goberno máis serio e creible, non se pode sair públicamente con propostas que automáticamente o teu socio sae a rebatir e a discrepar abertamente. Hai que ser rigurosos con necesidades tan importantes e necesarias como son a segunda Galiña Azul e un Centro de Día”.


 

Engade, ademais, “que nos digan a verdade e que nos contesten a esta pregunta directa: que pretenden facer sobre a única parcela que existe a día de hoxe o carón do centro de saúde, a galiña azul ou o centro de día? As nais e pais dos cativos e a nosa xente de idade, merecen sabelo, por respeto. Que o bipartito se aclare entre si, e no lo diga xa”.


 

Doutra banda asegura que “temos sido máis leais, creibles e coherentes os seis concelleiros populares cas nosas propostas e iniciativas para mellorar a vida dos nosos veciñ@s, que o bipartito da exalcadesa e alcaldesa, que tan so están en ver quen é a máis lista da clase”.


 

Por último o veceiro popñular inbdica que “o meu grupo está a disposición de sumar, acordar, pensar entre todos unha Salceda mellor, en acadar mellores e necesarias infraestruturas, equipamentos e servizos...pero precisamos ter un planeamento urbanístico que non lles importa telo totalmente abandonado e olvidado, e tamén, e moi importante, ter un único goberno, con unha única voz pública, cas ideas claras e que non transmita discrepancias e incertezas tan notorias e graves como é este caso. Así non vamos ben! Señoras/es do goberno.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.