GALICIA
Todos os centros educativos terán unha avaliación de riscos ata setembro de 2024
A medida deriva da presión e das denuncias da CIG-Ensino perante a Inspección de Traballo do ano 2020 e implica pasar dunha media anual de 20 centros avaliados a máis de 300 até acadar a cifra de 1.033 no 2024
A Consellaría de Educación vén de confirmarlle á CIG-Ensino, na última reunión do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral (CISSL), que o contrato polo que se adxudicou a avaliación de riscos de todos os centros educativos, tal e como demandaba a CIG-Ensino, poñendo en cuestión o incumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, foi adxudicado o pasado 20 de abril.
Serán avaliados 1.033 centros durante os anos 2022, 2023 e 2024, tendo programado rematar en setembro do 2024. Todos os centros das provincias de Lugo e Ourense,por teren menor número que Pontevedra e Coruña, estarán avaliados nun ano e medio.
Neste ano 2022, a empresa adxudicataria ten o compromiso de facer a avaliación en 335 centros. A avaliación comezaba o pasado 24 de maio, no CRA de Teo e estenderase no que queda de ano aos restantes centros. A diferenza de centros a avaliar é moi substancial se temos en conta que antes da denuncia da CIG-Ensino, no ano 2020, foron tan só 20.
Con todo, e tendo en conta a altura do curso na que estamos, a CIG-Ensino pon en dúbida que o obxectivo dos 335 centros deste ano poidan levarse á práctica no prazo fixado. O sindicato fará un seguimento dos centros avaliados para poder contrastar que, máis alá dos que se dean feito este ano, os prazos da adxudicación (até o ano 2024) se cumpran e contemos con avaliación de riscos en todos os centros e que esta se adapte á diferente tipoloxía de centros e as funcións que tanto persoal docente como non docente desempeñamos.
A este respecto, chámanos a atención a rebaixa moi importante sobre o inicialmente orzamentado pola Xunta: se o concurso prevía un máximo de 1.700.000 euros máis IVE, a licitación foi finalmente por un importe de 915.000 máis IVE. Esta rebaixa, pola información de Educación, non foi exclusiva da empresa que gañou o concurso senón de todas as participantes. Esperemos que esta diferenza tan grande non redunde nun déficit na calidade do servizo. Este será tamén un dos aspectos nos que a CIG-Ensino prestará especial atención.
A vixilancia da saúde ten que mellorar
No referido á vixilancia da saúde do persoal docente, con recoñecementos médicos anuais para todo o profesorado logrados tras as denuncias xudiciais presentadas no seu día pola CIG-Ensino e que levaron a sentenzas favorábeis do TSXG e do Tribunal Supremo, seguimos a insistir nas trabas que a empresa ponpara a súa realización: poucas sedes, pouco persoal ou poucas citas de consultas específicas como xinecoloxía. O sindicato xa foi crítico no seu momento coa decisión da Consellaría de deixar o coidado da nosa saúde nunha empresa privada e seguimos insistindo na necesidade de mellorar o servizo.
O sindicato insistiulle á Consellaría que para anos seguintes se especifique dentro do apartado "docente" si é de educación infantil, educación física ou docente nun CEE ou outras etapas educativas que se considere, tal e como se fai nas distintas especialidades de FP, revisando cando proceda, cuestións específicas en función dos postos de traballo ocupados, algo básico desde a perspectiva da protección dos riscos laborais. A gran eiva neste sentido segue a ser a inexistencia dun catálogo de enfermidades profesionais, algo que a CIG-Ensino leva demandando desde hai anos ás diferentes administracións con competencias no tema.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217