Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 24 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

“Degusta Europa” repartiu no mercado de Gondomar preto de 1.400 tapas de países europeos

As persoas que se achegaron ata o mercado municipal puideron probar de primeira man o menú con influenzas europeas elaborado polo alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo

Preparacións gastronómicas típicas de diferentes países europeos readaptadas con produtos de quilómetro cero, da provincia de Pontevedra, convertéronse en protagonistas no Mercado de Gondomar a través do programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa”.  Un grupo de 40 alumnas e alumnos e profesorado do CIFP Manuel Antonio de Vigo foron as e os encargadas/os de elaborar ata preto de 1.400 tapas que ofreceron á veciñanza da vila, ao deputado e á deputada provinciais, Santos Héctor Rodríguez e Iria Lamas, e a concelleiras e concelleiros de Gondomar entre os que se atopaban Rocío Goberna, Brais Misa, Nuria Lameiro e José Manuel Chamorro.

 

 

 

 

“Degusta Europa” continúa este xoves, 26 de maio, no Mercado do Progreso de Vigo, e rematará no Mercado da Guarda o martes 31

 

 

 

 

Dende cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño ata tosta de cabala afumada, risoto cremoso de grelos con espeto de galiña, esfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita, bucle de calamar crocante sobre produtos da terra, vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas, foron as degustacións preparadas polo alumnado do CIFP Manuel Antonio que se puideron desfrutar no ateigado Mercado de Gondomar.

 

[Img #76081]

 

O programa “Degusta Europa”, que lanzou no 2016 a Deputación de Pontevedra para conmemorar o Día de Europa, desenvólvese en Mercados e Prazas de Abastos de concellos da provincia dinamizándoos da man de dous centros que representan a innovación e vangarda gastronómica, o CIFP Manuel Antonio de Vigo e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra cuxo alumnado e profesorado encárganse da preparación das tapas. Este ano, as propostas gastronómicas inspíranse en pratos franceses, italianos, suízos, gregos, daneses, checos, holandeses, belgas e irlandeses readaptados con produtos de quilómetro cero. Tralo paso por Gondomar, e ter recorrido xa O Grove, Mondariz e Pontevedra, onde xa se distribuíron preto de 4.000 tapas, o periplo do “Degusta Europa” continuará este xoves, 26 de maio, no mercado do Progreso de Vigo, e rematará o 31 de maio no mercado da Guarda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.