PROVINCIA
SmartPeme imparte esta semana cinco novas accións formativas
O programa de asesoramento tecnolóxico ofrece cursos de debuxo 3D , utilización de Tik Tok, creación de modelos de negocio, seguridade no comercio electrónico e fabricación dixital
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novos talleres impartidos de xeito online e presencial, enmarcados na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como o debuxo 3D con Onshape e PartStudio, usos de TikTok para empresas, modelos de negocio, ciberseguridade ou fabricación dixital con Laminador Cura.
O martes 31 de maio pola mañá, Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, impartirá a cuarta parte dos obradoiros sobre fabricación dixital. Nestes cursos en formato mixto, combínanse clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O curso “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape IV – Partstudio IV”, ten como obxectivo coñecer e familiarizarse coas ferramentas da produción dixital. Pola tarde, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller explicará, no taller “Como usar TikTok na túa empresa”, a sacarlle partido á túa marca a través dunha das plataformas máis populares do momento.
O mércores pola mañá, José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia, ensinará os pasos a seguir para que unha idea se converta nun negocio, no obradoiro “Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio”.
O xoves, na quenda de mañá, mediante Zoom ou de xeito presencial no Edificio Administrativo da Deputación, terá lugar o curso “Seguridade no comercio electrónico. Por onde comezamos?”. Un taller impartido polos técnicos de Ednon en colaboración co Nodo Galego de Ciberseguridade, no que se resaltará a importancia da seguridade na creación de tendas en liña, detección de ameazas ou coñecemento dos danos que poden causar os problemas de seguridade nun negocio.
Esta semana de obradoiros rematará a mañá do venres 3 de xuño co curso “Fabricación dixital. Laminador cura II”, un novo itinerario de Fabricación dixital que complementa unha primeira parte xa impartida, e no que se combinan clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab de Barro, co obxectivo de que o alumnado teña contacto real con este tipo de tecnoloxías e sexa capaz de deseñar e fabricar unha peza en 3D. Esta acción formativa será impartida tamén por Manuel Freire.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78