Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 31 de Mayo de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP felicita aos alumnos do IES Pedras Rubias que cursarán bacharelato o vindeiro curso

O GOBERNO GALEGO A TRAVÉS DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN VEÑEN DE RATIFICAR A PRONTA LICITACIÓN DA AMPLIACIÓN DO IES E A IMPLANTACIÓN DO BACHARELATO

"O curso escolar dos anos 22 e 23, tendrá no Concello de Salceda de Caselas a impartición do bacharelato no IES Pedras Rubias, e no 23/24, estará rematada a ampliación do mesmo cun novo edificio conectado o actual e que permitirá dar resposta educativa os alumnas que rematan 4º da ESO no municipio salcedense" sinalan dende o Partido Popular. A este respeto, e logo de ver que "todo marcha según o previsto", o voceiro popular ven de trasladar o seu agradecemento ás partes implicadas en todo este proceso, polo que Santiago Rodríguez Davila manifestou “quero agradecer públicamente a colaboración, dispoñibilidade e facilidade da Comunidade de Montes da parroquia de Parderrubias, os seus comuneiros, que por unanimidade da súa asamblea aprobou e ratificaou de novo, a cesión dos terreos por tempo ilimitado para seguir adicándoos a educación pública no noso municipio. Sen ese acordó, non se podría ampliar este instituto, e polo tanto non podríamos dar resposta a unha necesidade educativa”.

 

"Asemade, tamén trasladamos os nosos parabéns ás ANPAS do noso Concello, polo seu traballo dende fai moitos, moitos anos de forma altruista, co fin de servizo a comunidade educativa, e sempre defendendo os intereses dos máis indefensos, os cativos, mozas e mozos, en definitiva, dos fillos de todos. Grazas pola parte que vós toca en todo este proceso” indicou Davila.

 

“Hai que ser xusto na vida, e humildemente digo que o xefe territorial Cesar Ares foi unha persoa clave nesta noticia. A súa implicación e o rigor do equipo da Consellería de educación de tomar as decisións tendo en conta as prioridades e recursos educativas da provincia, foi fundamental. É certo que a tod@s nos gustaría que fose fai algún ano atrás?, si!, pero por iso digo das prioridades e das condicións urbanísticas de cada caso, cuestión que en Salceda retrasou case un ano o inicio das obras”.

 

Para o voceiro do PP “esta é unha infraestructura e necesidade que nos uniu a tod@s, a Corporación Municipal, o equipo directivo e profesorado o IES, ás ANPAS, colectivos, veciñ@s... Por elo, cando estás en política e comprobas que falando, respetando e tendo en conta e recollendo parte das diferentes opinión sobre un mesmo proxecto, é unha satisfacción como pai de alumnas, como veciño e como representante dos mesmo na Corporación ver cumplido o que nos propuxemos. Dende o meu Grupo, en asuntos e dotacións estratéxicas para o noso Concello, sempre axudamos e sumanos, e seguiremos axudando e sumando. Salceda de Caselas é moito máis que un goberno, é a vontade colectiva de crecer”.

 

Por último sinala que “o conselleiro Román Rodríguez e coñecedor e sabe perfectamente do potencial da xuventude salcedense, das gañas por estar cada día máis  preparados e a necesidade de poder contar con infraestruturas que lles permitan ser mellores cara un futuro moi competitivo e duro no eido laboral e profesional. Agradédolle moito a súa visita no día de onte, e por suposto, a atención que sempre me mostrou cada vez que lle falei deste tema e que finalmente lle deu resposta cun orzamento inicial de 1,5 millóns e que agora se vai ir a 2,5 millóns de euros. Unha nova inversión na educación pública salcedense do goberno galego”.   

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.