Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O pavillón do IES Ribeira do Louro xa leva o nome de Tania Rodríguez

O centro onde cursou os seus estudos a recoñecida árbitra de balonmán acordou que o pavillón deportivo leve o seu nome en recoñecemento á súa traxectoria e pola súa contribución a visibilizar o empoderamento da muller

O pavillón deportivo do IES Ribeira do Louro leva xa o nome de Tania Rodríguez Estévez, árbitra de balonmán de élite que foi alumna do centro educativo.

 

O acto de descuberta da placa, celebrado esta semana no instituto de Torneiros, dá cumprimento á proposta da Comisión de Igualdade aprobada por unanimidade do claustro, coa que se rende homenaxe a Tania non só pola súa traxectoria profesional e deportiva senón tamén pola súa contribución a visibilizar o empoderamento da muller en deportes maioritarios e, erroneamente, considerados masculinos.

 

Ao evento acudiron, ademais do alumnado do centro, a directora, Juana Muñoz, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, os concelleiros de Deporte, Educación e Igualdade, Abel Estévez e Carolina González, respectivamente, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.

 

O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, que foi adestrador de Tania no Balonmán Porriño durante anos, destacou dela a súa “responsabilidade, tesón e capacidade”, cualidades que garantizaban “o seu ascenso meteórico en todo o que se propoña”. Estévez quixo poñer en valor a traxectoria da porriñesa xa que “cando falamos dun deporte minoritario como o balonmán, chegar a onde chegou Tania quere decir que o fas ben. Moitas veces falamos dos teitos de cristal e estes en determinados deportes son teitos de pedra. Coa súa determinación e esforzo Tania rompeu con eles”.

 

Na mesma liña se manifestou a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, que desexou moita a sorte á homenaxeada en todo o que se propoña e salientou que “as mulleres que como Tania chegan a lugares onde hai pouco tempo era imposible chegar merecen todos os recoñecementos”.

 

 

 

 

A traxectoria Tania Rodríguez, veciña de Budiño, está estreitamente vinculada ao Balonmano Porriño onde como xogadora selou algúns dos maiores éxitos deportivos do club

 

 

 

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo poñer a Tania como exemplo para as novas xeracións. “Mulleres como ela que loitan polo que queren sen aceptar límites nen estereotipos deben ser referentes para a mocidade de hoxe”, afirmou, “Por iso é moi importante o que hoxe está pasando aquí, demostra que ningún ámbito é nin pode ser un `mundo de homes´ e que celebrar os éxitos de mulleres como Tania é puxar pola igualdade”.

 

Pola súa banda, Tania agradeceu enormemente este xesto do instituto no que cursou os seus estudos da ESO e ciclo superior de Administración e Finanzas, e en xeral, o xesto do seu pobo, O Porriño. “Os meus éxitos parten do Porriño, a nosa arbitraxe nace no Balonmán Porriño e iso o teño sempre moi presente”, afirmou.

 

Tras ser entrevistada polos alumnos e alumnas do centro, Tania Rodríguez descubriu entre aplausos a placa co seu nome ás portas do pavillón.


Unha recoñecida árbitra de balonmán na máxima categoría

A traxectoria deportiva e profesional de Tania Rodríguez Estévez, veciña da parroquia de Budiño, está vinculada dende sempre ao balonmán. Comezou a dar os seus pasos no club porriñés, onde pechou algúns dos grandes logros deportivos do club: formou parte do equipo que se alzou co Campionato de España Xuvenil e participou na fase de ascenso do primeiro equipo, chegando a debutar en División de Honra.

 

Tania é unha recoñecida árbitra de balonmán e destacou por ser, xunto coa súa compañeira, Lorena García, a primeira parella arbitral de mulleres que pitou un partido de ASOBAL, a máxima categoría deste deporte.  A día de hoxe, é árbitra de élite nacional e internacional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.