Provincia de Pontevedra
Obradoiros creativos e de robótica protagonizan a axenda infantil de xuño na biblioteca da Xunta en Pontevedra
Tamén está programado un taller para traballar a igualdade de xénero, destinado ao público adulto
A Biblioteca Pública da Xunta en Pontevedra ‘Antonio Odriozola’ ofrece en xuño diversos obradoiros para público infantil e adulto, centrados na creatividade, na robótica e na igualdade de xénero. Todas as actividades requiren inscrición previa a través do formulario da páxina web do centro, onde tamén se pode consultar información sobre horarios e contidos.
A programación comeza este venres co obradoiro creativo Contos ás escuras, a cargo de Anias. Dirixida á cativada de catro a sete anos, a proposta busca poñer en valor a amizade, ademais de potenciar a creatividade. A vindeira semana, o día 10, terá lugar o obradoiro Robótica creativa, con Jóvenes Científicos, para participantes de oito a 14 anos. Trátase dunha actividade tecnolóxica para aprender conceptos básicos de programación, robótica e electrónica.
Todas as actividades requiren inscrición previa a través do formulario da páxina web do centro
Pola súa banda, o público adulto poderá participar o xoves 9 no taller Mindfulness para traballar a igualdade de xénero, coa educadora social Lucía Fernández Coutado. Nel daranse a coñecer a práctica e os motivos polos que as técnicas de minfdfulness xeran benestar e incrementan os niveis vinculados ao empoderamento.
A maiores, nos primeiros días do mes, ata o 10, permanecerá no segundo andar a mostra bibliográfica Lecturas multiculturais, unha escolma de publicacións conmemorativa do Día Mundial da Diversidade Cultural. A biblioteca de Pontevedra, como portal de acceso a unha sociedade cultural diversa, súmase á celebración que ten como obxectivo concienciar a poboación sobre a riqueza e o valor que representan as diferentes culturas para a liberdade, o desenvolvemento social e a paz.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78