Mos
Acalorado debate no pleno sobre o futuro do edificio do Rebullón
O PSOE mosense reclama unha xestión 100% pública no futuro centro sociosanitario do Rebullón
O voceiro popular, Camilo Augusto, explicou que “se vai a conservar o Rebullón como patrimonio arquitectónico” construíndo “un macrocentro sanitario pioneiro en Galicia e dotado dun centro de coidados intermedios, un novo centro de saúde, unha residencia de maiores e unha escola infantil”.
No derradeiro pleno, tivo lugar o debate da moción presentada polos socialistas que pedían unha xestión pública para o futuro do Rebullón. Tanto "na parte da rehabilitación do edificio coma na xestión sanitaria".
O acalorado debate no que os socialistas dixeron que “sempre van atopalos defendendo a sanidade pública”, provocou a tensión tanto entre os concelleiros do PP como na propia alcaldesa que case expulsa a un representante socialista.
A voceira socialista, Victoria Alonso, insistía en que van continuar reclamando que “a xestión sanitaria do futuro complexo sexa pública, que o concello estude vías para un centro local para os maiores, un proxecto para unha nova vida útil no centro de saúde e que o actual edificio do Rebullón manteña a estrutura e elementos que fan que forme parte do patrimonio arquitectónico local”. Alonso pediulle a actual rexedora “talante e compromiso ca sanidade pública”.
![[Img #76185]](https://xornal21.com/upload/images/06_2022/2107_pp.jpg)
Dende o PP local, Camilo Augusto, abordou as críticas da falta de inversión sanitaria en Mos explicando que “se vai a conservar o Rebullón como patrimonio arquitectónico”, construíndo “un macrocentro sanitario, pioneiro en Galicia, e dotado dun centro de coidados intermedios cun orzamento superior a 4 millóns de euros, un novo centro de saúde, unha residencia de maiores e unha escola infantil”.
Gustavo Barcia do BNG apoiou a xestión pública das novas instalacións, e reiterou que o emplazamento centro de saúde sexa nas Pozas (Petelos) e non en Tameiga, ademáis da creación dun centro de “coidados mentais”.
Dende Gañamos, Roberto Rodríguez, amosouse dacordo co PSOE na xestión pública do centro e pediu que "se axuste á demanda de prazas que existen".
Pola súa parte a alcaldesa, Nidia Arévalo, xustificou o voto en contra da moción sinalando que “o único que fixo o partido socialista foi presentar unha moción dicindo que reformásemos o Centro de Saúde mentres que dende o PP apostamos por facer un novo centro de saúde para Mos”.
Arévalo sinalou que levan "tempo traballando neste proxecto”, que se iniciaba no ano 2019, e que, "a pesar das dificultades de ter que pasar por unha lexistatura truncada pola pandemia, será unha das maiores inversións da Xunta en Mos nas últimas décadas".
Arévalo amosou a súa postura en contra da moción socialista sinalando que "mentres outros estamos a traballar, agora veñen vostedes a sumarse ao carro”
Indicou que “o novo centro de saúde de Mos suporá un incremento de 8 consultas e máis 1641 metros cadrados adicados a sanidade pública”, engadindo que as veciñas e veciños tamén contarán cunha nova residencia para a terceira idade dentro de Mos.
Arévalo quixo aclarar á oposición que no Rebullón "non vai a haber centro de día, o centro de día de Mos vai a estar en Torroso".
Finalmente quedou rexeitada a moción cos votos en contra do Grupo Popular, a favor PSOE, BNG, Gañamos e o Concelleiro “non adscrito” Román González, e a abstención da concelleira “non adscrita” Verónica Costas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184