GALICIA
Rueda salienta a traxectoria do CHUS como referente nacional en cirurxía ocular
O presidente da Xunta asistiu esta mañá á inauguración do XXXI Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Plástica Ocular e Orbitaria
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a traxectoria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago como referente nacional en cirurxía ocular, exemplo, aseverou, da aposta da sanidade pública galega pola innovación.
Durante a inauguración do XXXI Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Plástica Ocular e Orbitaria, Rueda incidiu no compromiso do Goberno autonómico coa renovación integral do Servizo Galego de Saúde, con máis e mellores servizos. Así, recordou que a Unidade de retina cirúrxica e tumores intraoculares do CHUS foi pioneira na realización da biopsia pronóstica pretratamento, clave para identificar pacientes con alto risco de metástase; ou que o complexo santiagués é un dos dez centros de referencia que hai en España na reconstrución da superficie ocular complexa, empregando as últimas técnicas láser.
Nesta mesa liña, destacou o investimento de máis de 1,5 millóns de euros para a mellora do equipamento de oftalmoloxía para varios hospitais da comunidade; así como a compra de 26 retinógrafos para reforzar o equipamento na atención primaria. Iniciativas que se suman a outras como a adquisición dun equipo de ultrasóns de frecuencia focalizado (HIFU) para o CHUS, converténdoo no primeiro hospital público de España en ofrecer un tratamento pioneiro contra o párkinson e o tremor esencial; ou a compra de 7 sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci de última xeración, para as sete áreas sanitarias.
Incide no compromiso do Goberno autonómico coa renovación integral do Servizo Galego de Saúde, con máis e mellores servizos
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta incidiu tamén en que os cidadáns esixen unha sanidade de calidade en todos os seus niveis, desde a atención hospitalaria á atención primaria; “e, desde Galicia asuminos a nosa responsabilidade cun investimento constante”, asegurou, subliñando que o pasado luns o DOG publicou unha oferta de estabilización de emprego público de 2.568 prazas na sanidade galega.
Sobre este punto, Rueda aproveitou ou acto para pedir ao Goberno central o mesmo esforzo que se está a facer desde as Comunidades en materia de recursos humanos; que asuma as súas responsabilidades e actúe ante a falta de médicos en toda España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217