Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Abre o prazo para participar no concurso de frases conmemorativas do Día do Orgullo

Os/as interesados/as poden enviar a súa proposta ao correo electrónico da OMIX desde hoxe ata o 14 de xuño

Desde a concellería de Mocidade que dirixe o edil Leo Costas infórmase de que hoxe abriu o prazo de presentación de candidaturas para o concurso de frase convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+.


Desde o Concello de Mos quérese seguir dando continuidade e visibilidade a accións a favor dos dereitos LGTB e facer partícipe á poboación mosense.


O día do Orgullo LGTBI+  é o  próximo 28 de xuño con ese motivo organízase este concurso, no que a poboación  pode participar creando unha frase que englobe neste día a  diversidade sexual e de xénero.  


A frase gañadora será o slogan deste ano e  estará exposta dende o día 16 ao 30 de xuño na pantalla da rotonda das Angustias


Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen que teñan máis de 12 anos. As persoas participantes poderán enviar  un máximo de dúas frases, no mesmo correo electrónico, no que farán constar o nome completo, o número de DNI, idade o un número de telefono. Só se admitirá un correo electrónico por persoa participante.


As frases que se presenten a concurso deberán constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 carácter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude. As frases deberán conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou emponderen ás persoas LGTBI+ e ter coherencia entre o significado da frase coa significación do día que se conmemora.


O prazo de presentación das frases conmemorativas ábrese hoxe 1 de xuño e será posible presentar propostas ata o día 14 ás 23:59 h. O envío será a través dun correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es coa frase conmemorativa que presenten a concurso (dúas por persoa) como máximo. No correo electrónico deberá constar o  nome, idade, dirección e teléfono de contacto, da persoa participante.


O criterio de  valoración que se terá en conta a hora de ditaminar o fallo do concurso, é que deberá ter coherencia entre; significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo, e que non precise explicación.


O xurado estará composto por: concelleiro delegado do departamento de Xuventude (Presidente),  3 persoas técnicas do CIM, a técnico do Departamento de Educación e a técnico do Departamento de Xuventude e Participación (secretaria). O xurado reunirase o día 15 de xuño para deliberar o fallo do concurso.  O día 16 de xuño farase público este fallo coa publicación do mesmo na sede electrónica do Concello.


A persoa gañadora  recibirá como  agasallo un vale por importe de 150 € para gastar en material de librería e será a encargada de ler o manifesto no Pleno ordinario do mes de xuño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.