VIGO
A Xunta financiará a rehabilitación dos lavadoiros tradicionais en Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da aprobación do subvención para a contratación temporal do persoal
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou da concesión dunha subvención de 449.231 euros para contratar ao persoal que traballará no proxecto municipal de rehabilitación dos lavadoiros tradicionais de Vigo.
Segundo indicou a representante autonómica, trátase das axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinadas a entidades locais para contratar a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga. A través da convocatoria do ano 2022, o Goberno galego aprobou a contratación de nove traballadores (oficial albanel) durante nove meses cunha xornada do 75%.
Trátase das axudas destinadas a entidades locais para contratar a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga
Outros concellos da área de Vigo que tamén recibirán axudas para diferentes proxectos son Salceda de Caselas (53.770 euros), Mos (79.919), Pazos de Borbén (13.453), Cangas (134.000), Baiona (74.907), O Porriño (103.244), Moaña (73.778), Soutomaior (68.247), Gondomar (63.338), Salvaterra de Miño (69.190), Fornelos de Montes (21.215), Redondela (156.628) e Nigrán (52.270). En total, as subvencións dos municipios da área suman 1.413.190 euros.
Poden ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos e as agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución do obxecto para o cal se concede a subvención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91