Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 04 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos asina os convenios sociais coas asociacións mosenses

O Concello subvenciona con 3.000 euros anuais neste 2022 a AECC Mos e ASOMAMOS (1.500 euros para cada unha), aínda que tamén colabora con outras entidades de índole social non locais como ACEESCA, COGAMI, Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui, etc

O Concello de Mos asinou esta semana os convenios de colaboración para as subvencións anuais a entidades sociais mosenses incluídas no orzamento municipal para este 2022. Trátase dos 2 convenios coas asociacións, AECC (Asociación Española contra o Cancro) Xunta Local de Mos e ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos. No acto de sinatura estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, as presidentas das entidades beneficiarias, Magdalena Domínguez Castro, presidenta de AECC Mos, e Encarnación Vila Romero, presidenta de ASOMAMOS, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro. O Concello colabora tamén con diferentes acordos e iniciativas con outras entidades sociais que non son mosenses, como por exemplo: ACEESCA, COGAMI, Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui, etc.

 

Os convenios de colaboración entre o Concello de Mos e entidades sociais do municipio asínanse anualmente, coa finalidade de contribuir a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto social de cada unha delas durante o ano.  Nestas 2 subvencións a administración local mosense inviste 3.000 euros anuais neste 2022, 1.500 euros para cada unha das asociacións.

 

Respecto dos beneficiarios cómpre destacar “a súa valía como valedores de colectivos vulnerables como poden ser os enfermos de cancro e as súas familias, ou os nosos maiores, servíndolles de apoio e prestándolles asesoramento, información e promovendo actividades e iniciativas que contribúen á mellora da súa calidade de vida. O tecido social forte e comprometido é fundamental en toda sociedade e, por suposto, no Cocello de Mos, por elo tanto AECC como ASOMAMOS son un verdadeiro orgullo para esta administración local, polo seu traballo, a súa implicación e polo beneficio social inmenso que co seu labor lle reportan á sociedade mosense” declararon a rexedora local e a edil de Política Social e Igualdade, Arévalo e Cebreiro respectivamente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.