Salceda de Caselas
A Xunta de Goberno Local aproba a “reparcelación” para o Centro de Saúde
Dende a oposición lamentan "temos un goberno que empeza todo o revés" e que “levan anos e anos sen mover un papel en urbanismo”
A Xunta de Goberno Local do concello de Salceda de Caselas aprobou o proxecto de reparcelación do Polígono II do PERI (Plan Especial de Reforma Interior) UA-2. O ámbito total do PERI (incluído este polígono 2) foi aprobado de maneira definitiva en sesión plenaria do 8 de abril de 2014.
Con esta reparcelación o concello pasará a dispor dunha nova parcela para equipamentos públicos, dúas parcelas de espazos verdes, unha parcela patrimonial e outra para vivenda protexida. A superficie total deste polígono II do PERI ascende a 20.229,33 m2, dos que 5.662 m2 corresponden a espazos libres e zonas verdes e 2.738,73 m2 a zona de equipamento. Por outra banda, completado este proceso, as persoas propietarias afectadas polo PERI pasan a ter parcelas edificables, xa sexan de xeito individual ou colectivo.
As persoas propietarias teñen un mes, dende a publicación desta aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para presentar alegacións, do que foron informadas xa individualmente e nunha xuntanza informativa celebrada o 25 de maio. Xa con anterioridade a esta aprobación inicial contactouse con todas as persoas propietarias e se puxo en marcha atención personalizada para informar, aclarar dúbidas e colaborar na preparación das posibles alegacións.
Verónica Tourón Alcaldesa e Concelleira de Urbanismo sinalana que “coa aprobación deste proxecto de reparcelación recolle as correspondentes operacións de distribución equitativa de acordo coa Modificación Puntual xa aprobada no 2014. E supón un gran avance que garante a dispoñibilidade dunha importante área dotacional para a planificación de servizos básicos para a veciñanza de Salceda, pobo que medra en poboación e que debe medrar en servizos, aproveitando todas as oportunidades das que dispoñamos”.
Rodríguez Davila: “levan anos e anos sen mover un papel en urbanismo”
Dende o Grupo Popular aseguran estar “perplexos en como traballa e actúa o bipartito salcedense”, por elo, veñen de manifestar que “cada día sorprende para mal o seu proceder, demostran cada vez que teñen oportunidade o como non se deben facer as cousas, empezan sempre a casa polo tellado, non teñen unha folla de ruta pola que se guiar, improvisan e tentan dar resposta según lle vaian saíndo os atrancos ou cuestión, non hai coordinación entre as diferentes concellerías, dan ordes distintas os empregados do Concello dependendo de que concelleiro/a a transmite”. O malestar no Grupo Popular acrecentase vendo “como pretenden manipular e engañar os veciños en temas tan importantes como o de dispor de novas infraestruturas cando a realidade é que non hai os tererenos que dicen ter para as mesmas” sinalan.
Ante estas contradicións, o voceiro popular Santiago Rodríguez Davila, traslada a opinión pública que “hai dez días pedimos aclaracións o goberno salcedense sobre que pretendían construir sobre a parcela que temos a día de hoxe, non contestaron porque sostiñan que o Concello tiña e había duas parcelas, pois ben! Agora eles mesmos confirman o que nós xa sabíamos de denunciamos, que non hai esa segunda parcela, que non era certo, que non estaban a decir a verdade, que volvían a manipular….por iso agora, e logo de nós 'pillalos e destapalo', inician os trámites de 'reparcelación' para poder tela nun futuro. Ata a propia Alcaldesa recoñece que con esta reparcelación podemos ter” sinalan.
Dende o PP Santiago Rodríguez se pregunta “canto tempo van tardar en tela en plena propiedade, dominio e rexistrada a nome do Concello?” ao tempo que recordan que ““a Tenente de Alcaldía e o seu grupo, desmarcáronse da sra. Alcaldesa en públixo, pero tamén é certo que nin uns nin os outros contestaron a pregunta que trasladei fai uns días, polo que volvo solitar que nos digan a verdade e que nos contesten: que pretenden facer sobre a única parcela que existe a día de hoxe o carón do centro de saúde, a galiña azul ou o centro de día?”
Os populares engaden que “temos un goberno que empeza todo o revés, neste caso solicitan unha infraestrutura dotacional sobre o mesmo terreo que tiñan solicitado outra e para cuestións diferentres (Galiña Azul e Centro de día), e unha vez que nós o despatamos e o denunciamos, primeiro o negan e agora pretenden enmendalo con este inicio de 'reparcelación' ”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11