PONTEAREAS
Continúan as verteduras incontroladas en distintos puntos de Ponteareas
A concellaría de Medio Ambiente lembra que estas accións acarrexan sancións elevadas e que a veciñanza dispón dun servizo gratuíto de recollida de utensilios
O Concello de Ponteareas vén de retirar novas verteduras incontroladas en diferentes puntos da vila, espazos públicos ben a carón de colectores ou na propia rúa nos que se detectaron unha nova acumulación de residuos sólidos de distinta natureza, dende restos de madeira ou obras ata pequenos electrodomésticos antigos, mobiliario ou colchóns. O Concello empregou un vehículo especial para facer a recollida de todas estas verteduras durante a fin de semana.
Este tipo de accións causan un importante prexuízo tanto á propia veciñanza como á contorna dende o punto de vista ambiental, polo que a normativa de residuos contempla elevadas sancións, dado que se considera unha infracción moi grave o abandono, incluído lixo disperso; a vertedura e a xestión incontrolada de calquera tipo de residuos, porque pode supoñer un perigo grave para a saúde das persoas ou producirse un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou espazos protexidos.
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, lembra que este tipo de actitudes incívicas “amosan a falta de respecto” cara ao resto de ponteareás e ponteareáns e que existe un servizo de recollida de todo tipo de lixo e utensilios totalmente de balde chamando ao número de teléfono do punto limpo 986 640 307. Neste caso, indicaráselle día e horario para proceder a depositar os diferentes elementos para que a empresa pase a recollelos coa maior brevidade posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20